Modo gramatical: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
m robot Añadido: tr:Kip
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot: Reemprazo de téxto automático (-== ([a-zA-Z ]*) == +==\1==)
Liña 5:
Algúns modos son o condicional, imperativo, indicativo, negativo, optativo, potencial, subxuntivo, e outros. Os modos orixinais do [[indoeuropeo]] eran o indicativo, o subxuntivo, o optativo e o imperativo. Non tódalas linguas indoeuropeas teñen todos estes modos, pois só as máis conservadoras como o [[grego antigo]] ou o [[sánscrito]] os retiveron. Algunhas [[linguas urálicas]] teñen máis de dez modos.
 
== Modo indicativo ==
 
O '''modo indicativo''' emprégase en oracións de feitos reais e/ou fiticios. Calquera intención que unha lingua particular non sitúa noutro modo particular realízase co modo indicativo. Trátase do modo máis utilizado e atópase en tódalas linguas. Exemplo: «Pedro está montando en bicicleta» ou «Felipe estuda no seu cuarto».
Liña 15:
Moitas linguas utilizan a raíz verbal sen engadir ningún morfema para formar o imperativo.
 
== Modo subxuntivo ==
 
O '''modo subxuntivo''' ten varios usos en oracións distintas. Por exemplo, para discutir algo hipotético ou improbable, expresar opinións ou emocións, solicitar algo con cortesía (a súa produtividade depende de cada idioma). O modo subxuntivo emprégase en galego en oracións como «Suxeriría que Afonso '''lese''' o libro». Outro uso común do subxuntivo en galego é na proposición subordinada dunha oración condicional, por exemplo «Se eu '''fose''' rico, ...».
Liña 21:
O modo subxuntivo aparece de forma destacada na [[gramática]] das [[linguas romances]], que requiren este modo para determinados tipos de [[oración]]s subordinadas e hai varios tipos de subxuntivos.
 
== Modo condicional ==
 
O '''modo condicional''' utilízase para expresar incerteza, particularmente (pero non exclusivamente) en oracións condicionais. Na oración «Se eu fose rei, ti serías raíña», «fóra» é subxuntivo, mentres que «serías» é condicional. O modo condicional, en ocasións, considérase un tempo en lugar dun modo.
 
== Modo negativo ==
 
O '''modo negativo''' [[negación|nega]] unha acción. Na maioría dos casos, isto non se fai cun modo diferenciado; senón que a negación nalgunhas linguas exprésase engadindo unha partícula antes do [[verbo]], (como en [[lingua castelá|español]], [[Idioma ruso|ruso]] ou [[esperanto]]): ''Li '''ne''' iras.''), despois do verbo (como en [[inglés antigo]] ou [[Lingua inglesa|inglés dialectal]]: ''"Thou remembrest '''not'''?"''), ou antes e despois (como en [[afrikaans]] ou [[Lingua francesa|francés]]: «Je '''ne''' sais '''pas'''».) O inglés actual adoita inserir a negación entre o verbo «''to do''» e o verbo principal: «I '''did not''' go there''».
Liña 33:
Nalgunhas linguas non indoeuropeas, o modo negativo obsérvase como un modo separado. Hai quen argumenta que o [[inglés moderno]] atópase dentro deste segundo grupo, xa que a negación en modo indicativo require un verbo auxiliar e unha estrutura sintáctica diferenciada en moitos dos casos. Pódese comparar, por exemplo, «''He sings''» -> «''He '''doesn't''' sing''» (onde se ten que engadir o auxiliar ''to do'', flexionado coa forma ''does'', e a forma clítica de ''not'' convértese nun sufixo para derivar a forma negativa de «Hei sings»); así a todo, con «''Il chante''» -> «''Il '''ne''' chante '''pas'''''»; o [[Idioma francés|francés]] engade unha partícula negativa discontinua ''ne...pas'', sen modificar a forma do verbo.
 
== Modo optativo ==
 
O '''modo optativo''' expresa esperanza ou desexo e ten outros usos que se poden confundir co subxuntivo. Hai poucas linguas que teñan o modo optativo como modo específico; o [[grego antigo]] ou o [[sánscrito]] son dous delas. Por exemplo: un falante de grego clásico podería dicir "Would that Paul would read more!" dicindo as palabras ''would that'' mediante o modo optativo do verbo ''read''.