Diferenzas entre revisións de «Rabia al Adawiyya»

Sem resumo de edição
 
== Traxectoria ==
Pouco é o que se coñece da súa vida, existen múltiples tradicións baseadas en haxiografías<ref>{{cita libro|título=Encyclopedia of Islam|editorial= Facts on File|autor= Juan Eduardo Campo|ano=2009|páxina=578}}</ref>. Algunhas tradicións descríbena como unha antiga [[Escravitude|escrava]] liberada que renunciou ao matrimonio e aos praceres efémeros para dedicarse só a Alá<ref>{{cita libro|título=Muslim Identities: An Introduction to Islam|autor=Aaron W. Hughes|editorial=Columbia University Press|ano=2013|páxina=168}}</ref>. Na mundo islámico vivíase unha etapa de incremento do ascetismo e Basora era unha das escolas máis influentes e debía a súa orixe a [[Hassan al-Basri]] e de Basora era tamén [[Al-Jahiz]]. Rabi está considerada unha figura importante da espiritualidade [[Sufismo|sufí]] <ref name="Râbi'a al-Adawiyya, biographie"> {{Cita web|url=http://www.ensemblerabia.net/rabia_al-adawiyya.php}}</ref> e foi ela a que introduciu o ideal sufí do amor a Alá, mudando o ascetismo en misticismo<ref>{{cita web|url=https://www.britannica.com/topic/Sufism|autor=Annemarie Schimmel|título=Sufism|Obraobra= Encyclopædia Britannica}}</ref>. A súa inmensa influencia valeulle a veneración dos seus contemporáneos e polos escasos escritos que se conservas considérase unha das primeiras cantantes do amor divino no mundo islámico. Entre os sufís coñécese como "a nai do ben".
 
Rabia explorou, os sendeiros do misticismo. [[Ibn Arabi]] evocou a súa obra poética na súa principal obra''Kitâb Al-Futūḥāt al-Makkiyya''.
33.483

edicións