Diferenzas entre revisións de «Carolina do Sur»

m
Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
m (Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores))
A rexión que actualmente constitúe Carolina do Sur formou parte inicialmente da colonia [[Inglaterra|inglesa]] de ''Carolina'', nomeada en homenaxe ao rei [[Carlos II de Inglaterra]] (en latín Carlos é ''Carolus''). En [[1712]], a colonia de Carolina separouse en dúas: Carolina do Norte e Carolina do Sur.
 
Carolina do Sur foi unha das [[Trece Colonias]] que se rebelou contra o goberno británico na [[Revolución Americana|Guerra da Independencia dos Estados Unidos]]. Carolina do Sur converteuse no oitavo estado americano o [[23 de maio]] de [[1788]]. Foi o primeiro estado en separarse da Unión, o [[20 de decembro]] de [[1860]], logo da elección de [[Abraham Lincoln]], para fundar os [[Estados Confederados de América]]. A [[Guerra Civil Estadounidense|guerra civil estadounidense]] comezou en Carolina do Sur, o [[12 de abril]] de [[1861]], cando tropas confederadas invadiron [[Fort Sumter]]. Despois do fin da guerra, o estado sería readmitido novamente na Unión, o [[25 de xuño]] de [[1868]].
 
O alcume de Carolina do Sur, ''The Palmetto State'', orixinouse durante a guerra pola independencia. ''Palmetto'' é unha palabra [[lingua inglesa|inglesa]] que en galego significa [[Arecaceae|palmeira]]. Ao comezo da revolución, forzas británicas intentaron capturar sen éxito un forte feito con madeira de palmeiras, abundantes no Estado. Ao día seguinte, o comandante do forte, ao ver un navío de guerra británico en chamas, comentou que o fume emitido polo navío en chamas asemellábase a unha palmeira.
Carolina do Sur, desde a década de 1700, prosperara co cultivo de [[arroz]] na rexión. Durante mediados da década de 1730, o [[algodón]] tamén pasou a ser cultivado en gran cantidade na rexión. O algodón era principalmente exportado a outros países. A venda de algodón a prezos competitivos requiría gran cantidade de man de obra barata. Así foi como miles de persoas foron traídos á forza desde o [[África|continente africano]], para traballar como escravos. Coa expansión da área cultivada desde o litoral cara ao interior, cada vez máis colonos e escravos instalábanse na rexión. En [[1775]], Carolina do Sur posuía preto de 175 mil habitantes. Destes, 100 mil eran brancos e 75 mil eran afroamericanos.
 
Durante a década de 1760, unha serie de leis aprobadas polo Reino Unido, que instituían diversos [[imposto]]s ou diminuían a independencia das [[Trece Colonias]] en relación á metrópolimetrópole,o Reino Unido, desgustaron á maior parte da poboación, que ata entón era, na súa maioría, leal aos británicos. Logo da institución destas leis, a poboación de Carolina do Sur dividiuse en dous grupos: os ''whigs'' - que apoiaban a independencia das Trece Colonias - e os ''torys'' - leais á coroa británica.
 
A [[Revolución Americana|Guerra da Independencia dos Estados Unidos]] iniciouse en [[1775]]. A maior parte de Carolina do Sur sería conquistada polos británicos ao comezo da guerra. A maior cidade de Carolina do Sur, Charlestown, estaba en man dos colonos americanos, e sería atacada por primeira vez por tropas británicas en xuño de [[1776]]. Os colonos da cidade derrotaron estas tropas na Batalla de Sullivan Island. Os británicos invadiron novamente Charlestown en [[1779]], tomando con éxito a cidade en [[1780]]. Tropas americanas, baixo o mando do xeneral [[Horatio Gates]], intentaron obter o control de Carolina do Sur en 1780, partindo desde Carolina do Norte, pero foron obrigados a retroceder logo de ser derrotados, na Batalla de Camden. Foi en [[1781]] cando unha nova forza americana, comandada polo xeneral Nathanael Greene, invadiu Carolina do Sur, e forzaron aos británicos a replegarse en dirección a [[Virxinia]]. Charleston continuaría baixo control británico ata [[1782]]. No total, foron realizadas preto de 200 batallas e conflitos entre tropas e milicias americanas e tropas británicas.
 
=== 1788-1900 ===
A economía de Carolina do Sur dependía principalmente das exportacións de algodón aos países europeos. Por mor diso, o goberno do Estado apoiaba o libre comercio entre países, e opúñase á adopción de tarifas aduaneiras. Diversas tarifas aduaneiras foron adoptadas no país durante as décadas de 1800 e 1810. En [[1819]], o país sufriu unha recesión económica. O goberno de Carolina do Sur alegou entón que o causante desta recesión fosen as tarifas aduaneiras. Carolina do Sur presionouapertou ao goberno americano a retirar estas tarifas, pero sen éxito.
 
En [[1828]], o goberno americano decidiu implantar novas tarifas aduaneiras, que aumentaban drasticamente as tarifas da gran maioría dos produtos importados ao país. O entón Vicepresidente dos Estados Unidos, [[John Calhoun]], un habitante nativo de Carolina do Sur, afirmou que ningún Estado americano estaba obrigado a aceptar unha lei adoptada polo goberno federal, cando o goberno do Estado consideráseo inconstitucional. Logo da adopción dunha tarifa aduaneira máis, en [[1832]], o Estado aprobou a un Acto, coñecido como Orde de Anulación, onde o Estado explicitamente rexeitaba a lei federal. O goberno americano ameazou con enviar tropas a Carolina do Sur, para obrigar a que as tarifas aduaneiras fosen cobradas. A cuestión chegou ata o Congreso americano, que creou un novo sistema de tarifas aduaneiras, que substituía ás antigas. As novas tarifas aduaneiras, que entraron en vigor en [[1833]], eran sensiblemente menores que as antigas. Por iso, Carolina do Sur anulou a súa Orde de Anulación aquel mesmo ano.
* Lemas:
** ''Dum spiro, spero'' (do [[latín]]: Mentres respire, teño esperanzas)
** ''Animis Opibusque Parati'' (do latinlatín: Preparado en Mente e Recursos)
* Mamífero: ''[[Odocoileus virginianus]]''
* Música: ''Carolina''
4.682

edicións