Mercury 13: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2
Jglamela (conversa | contribucións)
Arranxos
Liña 1:
[[Ficheiro:JerrieCobb_MercuryCapsule.jpg|miniatura|Jerrie Cobb cunha cápsula do proxecto Mercury]]
'''Mercury 13''' refírese a un programa de financiamento privado no cal participaron trece mulleres [[Estados Unidos de América|americanas]], ás cales se lles fixo pasar as mesmas probas fisiolóxicas que pasaran antes os [[astronauta]]s selecionados pola [[NASA]] o 9 de abril do 1959 para [[Proxecto Mercury]]. O termo foi acuñado en 1995 polo produtor de Hollywood James Cross por comparación co termo Mercury Seven, nome dado aos astronautas masculinos seleccionados; con todo, as compoñentes do grupo Mercury 13 nunca fixeron parte do programa de astronautas da [[NASA]], e ningunha das mulleres que superaron estas probas chegou a facer unha viaxe espacial.
 
No 1960 algunhas mulleres actuaron como grupo de presión ante a Casa Branca e o Congreso para promover a  inclusión de mulleres no programa espacial como astronautas, mesmo aparecendo antes dun comité do congreso. Clare Boothe Luce escribiu un artigo para ''[[Life (revista)|Life]]'' criticando áa NASA.
 
== Historia ==
[[William Randolph Lovelace II]], doutor e teniente primeiro do Corpo Médico da Reserva do Exército estadounidense axudou a desenvolver as probas para os astronautas da NASA e despois de ter feito este traballo ficou curioso de saber se unha muller podería pasar con suceso estas mesmas probas. En 1960, Lovelace escolle a Geraldyn "Jerrie" Cobb para experimentar os mesmos desafíos.
 
Cobb, xa un piloto de aeroliñas cumprido, deviña a primeira muller americana (e a única do Mercury 13) en pasar e superar as tres fases de testeo que se facía naqueles tempos aos viaxeiros espaciais estadounidenses. Lovelace e Cobb recrutaron despois 19 mulleres máis para continuar co experimento e confirmar que este non tiña sido un caso illado. Trece das 19 mulleres pasaron as mesmas probas que pasaran antes os homes do Mercuy 7. Algunhas foron inhabilitadas debido problemas cardiacos ou doutras índoles. Os resultados foron anunciados nunha conferencia en Estocolmo, Suecia.
 
=== Experiencia das candidatas ===
Liña 41:
== Audiencia da Comisión de Discriminación Sexual ==
Jerrie Cobb voou de inmediato dirección Washintong D.C para tentar que o progrma de probas fose retomado. Ela e Janey Hart escribiron ao presidente [[John F. Kennedy]] e visitaron ao vice-presidente Lyndon B. Johnson. Finalmente, os días 17 e 18 de xullo de 1962, o representante Victor Anfuso (D-NY) convocou audiencias públicas ante un Subcomité especial da Comisión de Ciencia e Astronáutica.<ref>{{Cita web |url=http://nasa.lu/static/qualifications_for_astronauts_hearing_1962.pdf |título=Copia arquivada |data-acceso=11 de decembro de 2015 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20151211072933/http://nasa.lu/static/qualifications_for_astronauts_hearing_1962.pdf |dataarquivo=11 de decembro de 2015 |urlmorta=yes }}</ref>
Significativamente, estas audiencias investigaron o posible caso de discrimación sexual dous anos antes de que a Lei de dereitos civís de 1964 fixera este tipo de discriminación ilegal nos Estados Unidos.
 
Cobb e Hart testemuñaron sobre os beneficios do proxecto de Lovelace mais [[Jaqueline Cochran]], esposa deste e aviadora máis prominente da época (foi a primeira muller en superar a [[barreira do son]], entre outras proezas) testemuña en contra do progreso da muller neste campo, argumentando que de algún xeito a inclusión de mulleres no programa espacial podería danar ao proxecto. Os representantes da NASA George Low e os astronautas [[John Glenn]] e [[Scott Carpenter]] testemuñaron que, baixo os criterios de selección da NASA, as mulleres non podían cualificar como candidatos a astronautas. Glenn tamén dixo que "o feito de que as mulleres non estean neste eido é un feito da nosa orde social".<ref>https://web.archive.org/web/20040913124515/http://www.theglobeandmail.com/series/astronauts/astronauts02.html</ref>
Eles afirmaron correctamente que a NASA tiña esixido a todos os seus astronautas ser pilotos de combate (as mulleres estaban prohibidas na academia militar, polo que ningunha podería ter comprido ese requisito), e ter estudos rematados de enxeñaría (inda que J.Glenn recoñeceu que foi admitido no Proxecto Mercury sen ter o título pedido). Mesmo se os membros de Mercury 13 tiñan por veces máis horas no ar que os candidatos masculinos (inda que non en avións de alto rendemento, xa que llo tiñan prohibido), a NASA negouse a considerar a concesión dunha equivalencia para as súas horas en avións de élice. A asistenta executiva do vicepresidente Lindon Johnson, Liz Carpenter, redactou unha carta ao administrador da NASA, James E. Webb, cuestionando eses requisitos, pero Johnson non autorizou que fose enviada e escribiu nela: "Paremos isto xa!"<ref>http://www.thespacereview.com/article/2331/1</ref>
 
==Atención dos medios==
O proxecto de Lovelace obtivo renovada atención dos medios despois da cosmonauta soviética [[Valentina Tereshkova]] se converter na primeira muller en atinxir o espazo o 16 de xuño de 1963. En resposta a isto, Clare Boothe Luce publicou un artigo na revista ''Life''<ref>https://books.google.es/books?id=00sEAAAAMBAJ&lpg=PA1&pg=PA32&redir_esc=y#v=onepage&q&f=false</ref> criticando aos directivos norteamericanos e da NASA. Incluíndo fotografías das trece candidatas finalistas no artigo, fanse públicos os nomes destas por primeira vez, inda que algunhas das participantes xa tiveran atención dos medios previa.
por primeira vez, inda que algunhas das participantes xa tiveran atención dos medios previa.
 
== Notas ==