Guerras púnicas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 12:
Coa resposta de Aníbal atacando, sitiando e arrasando Sagunto, desátase a segunda guerra púnica que se desenvolveu entre os anos [[-218|218]] e o [[-202|202]] a. C. Durante esta longa guerra Aníbal despois de arrasar Sagunto atravesa os [[Pireneos]] e [[Alpes]] derrotando aos exércitos consulares que se envían para detelo nas batallas de [[Tesino]] e [[Trevia]], derrota ao cónsul Flaminio xunto o [[lago Trasimeno]]. Un dos puntos álxidos da contenda é a que se coñece como unha dos fitos máis importantes da historia da estratexia militar, a [[batalla de Cannas]] onde un exército cartaxinés canso despois do periplo dende a península Ibérica se enfronta a un exército romano totalmente fresco tres veces superior, vencéndoo e case exterminándoo cunha estratexia envolvente e facendo uso dunha cabalería moi superior á romana.
 
Nos seguintes anos levará a cabo unha campaña para tentar sublevar ás tribos itálicas contra Roma con desigual fortuna, sendo o máis salientábel a deserción de [[CápuaCapua]], pero o tempo desgástao e Roma desvía o lugar da loita a península Ibérica onde [[Publio Cornelio Escipión]] derrota aos exércitos cartaxineses moi superiores e conquista o protectorado cartaxinés. Nun intento desesperado os irmáns de Aníbal, Asdrúbal e Magón tentan chegar a territorio itálico con reforzos para afrontar o asedio de Roma pero son derrotados e ambos rematan morrendo na contenda.
 
Como último paso Escipión afronta a invasión de África para afastar a Aníbal de Roma, táctica exitosa ao reclamar Cartago a axuda do xeneral bárcida, xa en territorio púnico e rotas unhas infrutuosas negociacións desátase a batalla de [[Zama]] ([[-202|202 a.C.]]) na que Aníbal cun exército maior ao romano pero moito menos experimentado e en inferioridade na cabalería se enfronta a un mozo Escipión que logra contrarrestar os elefantes nunha gran vitoria romana que supón o fin do imperio púnico e o nacemento do gran imperio romano que chegará a dominar todo o mediterráneo. Nesta batalla Publio Cornelio Escipión recibe o cognomen de ''Africanus''.