Tapia de Casarego: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 34:
Trátase en calquera caso de materiais xeolóxicos de natureza silícea, sobre os que desenvolven solos ácidos pobres en sales minerais (solos oligotróficos e mesotróficos). Nos fondos de val, os materiais aluviais poden proporcionar unha maior fertilidade aos solos e facilitar a existencia de perfís edáficos máis profundos e desenvolvidos.
 
O relevo ten altitudes bastantes suaves e con poucas pendentes, observándose dúas zonas bastante diferenciadas separadas pola estrada que vai dedas FiguerasFigueiras a Lagar. Na parte sur desta vía atopamos o cordal de Acevedo e os montes de Candaosa, con alturas de pouca importancia entre as que destaca o outeiro de Lasdas Cruces, con 396 metros. Polo seu lado norte divísase unha extensa e frutífera planicie litoral. Outras alturas son as do Pico de Lasdas NievesNeves (251 m), o Grandela (348 m), e xa no límite con Castropol o outeiro do PosadoiroPousadoiro (600 m) e o da Bobia que se atopa xa fóra dos límites do concello, con 1201 metros. O litoral atópase moi batido polas ondas mariñas, contando con varios acantilados e illotes de pequena altitude. As súas praias tamén presentan diferenzas, atopándose praias de area moi fina a partir da parte occidental da capital. Na parte oriental da vila o que predominan son as ribeiras de pedra que contan con accesos complicados.
 
== Hidrografía ==
O seu curso fluvial máis importante é o [[río Porcía]], que nace nas estribacións de Lada Bobia e que desemboca na praia de seu mesmo nome. Presenta bastante irregularidade no seu curso, facendo de límite co veciño concello de [[El Franco|l Franco]] durante varios quilómetros. Outros ríos do concello son o Anguileiro, con desembocadura na praia de Tapia e o Tol, que desemboca na de Serantes. As súas augas en épocas estivais adoitan ser moi baixas.
 
Os lagos de Salave son restos dunha mina romana de ouro, en conflito entre reserva natural e sucesivos intentos de explotación aurífera<ref>{{Cita web|url=http://www.tapiadecasariego.es/index.php?M1=3&M2=42|apelidos=|nome=|páxina-web=www.tapiadecasariego.es|título=Ayuntamiento de Tapia de Casariego » Naturaleza y Montaña|data-acceso=2018-05-28|lingua=es}}</ref>.
 
== Climatoloxía ==
O clima é de tipo atlántico, coas temperaturas máximas e mínimas moi suavizadas pola influencia do mar. Polo pequeno tamaño do concello as diferenzas climáticas entre a súa franxa costeira e as súas pequenas altitudes son escasas. A temperatura media na época estival é de 20,5&nbsp;°C a máxima e 14,4&nbsp;°C a mínima. En inverno estas chegan aos 10,5&nbsp;°C e 5,3&nbsp;°C. A precipitación media anual é da orde de 900&nbsp;mm, unha das máis moderadas de Asturias. Unha das características de Tapia de Casarego, ao igual que en moitas localidades do Principado, é a significativa frecuencia das néboas mariñas.
 
== Alcaldía ==