Campionato Portugués de Rugby 2020-2021: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
JonnyJonny (conversa | contribucións)
Nova páxina: "{{Competición deportiva | nome = Campionato Portugués de Rugby | logo = | actual = | fundado = | rexión..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 30 de outubro de 2020 ás 12:32

A tempada 2020-2021 do Campionato Nacional é a edición número 63 da máxima competición de clubs do rugby en Portugal. O torneo comezou o 25 de setembro de 2020 e conta con 12 equipos participantes.

Campionato Portugués de Rugby
RexiónPortugal Portugal
Equipos12
OrganizadorFPR
Sitio webwww.fpr.pt/

Formato do torneo

Na tempada 2019/2020 non foi posible rematar a competición de liga, de xeito que a FPR decidiu que o título de campión quedase vacante e que non houbesen ascensos nin descensos. Sen embargo o Rugby Clube da Lousã anunciou que renunciaba á súa praza na máxima categoría, praza que a FPR lle ofreceu ó Clube de Rugby São Miguel, que aceptou.

Unha das decisións tomadas pola FPR trala súa reunión cos 12 clubs participantes na máxima categoría foi modificar a fase inicial do campionato agrupando ós equipos por rexións para evitar grandes desplazamentos e reducir o risco de contaminación vírica entre cidades. O novo formato adaptado á pandemia contou cunha primeira fase de seis xornadas na que os 12 equipos estaban distribuidos en catro grupos.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Outros artigos