Diferenzas entre revisións de «Tratado do Ebro»

sen resumo de edición
(engado imaxe)
 
== Contexto histórico ==
Despois da derrota na [[Primeira guerra púnica]] en 241, Cartago perdeu [[Sicilia]] fronte aos romanos. Aproveitando o [[Revolta dos mamertinos|levantamento mercenario]], no que os mercenarios libios subleváronse contra o estado norteafricano, os romanos ocuparon no 238 [[Córsega]] e [[Sardeña]] que, xunto con Sicilia, eran os territorios que surtían de [[trigo]] a Cartago. Os cartaxineses non foron quen de resistir a esta violación do [[Tratado de Lutacio]], e tiveron que acepta-la perda adicional de territorio. Nos anos seguintes, a esfera de influencia de Roma expandiuse cara ao norte da península italiana e produciuse o gran conflito da guerra contra os celtas no norte de Italia a partir do [[-225|225 a. C.]] Daquela, Cartago decidiu, baixo o liderado de [[Amílcar Barca]], compensa-la perda dos territorio insulares cunha intensa política de conquista na península Ibérica.
 
Os romanos observaron con preocupación a renovada expansión do seu adversario máis importante polo Mediterráneo occidental. Xa o 231/230 a.C., unha embaixada romana visitou os Bárquidas para coñece-los seus plans sobre [[Iberia]]. Os romanos quedaron satisfeitos coa resposta de que a expansión era necesaria para poder resolver as [[Reparacións de guerra|reparacións]] negociadas e que aínda estaban pendentes da anterior guerra contra eles.<ref>Zimmermann (2009), p. 42</ref>
15.725

edicións