Diferenzas entre revisións de «Primeira guerra púnica»

m
Ligazóns internas
m (Ligazóns internas)
 
[[Ficheiro:Battaglie dal satellite 1a punica.png|miniatura|300px|Principais batallas da primeira guerra púnica.]]
{{sen referencias}}
A '''primeira guerra púnica''' foi un conflito trabado entre [[-264]] e [[-241]] que opuxo [[Cartago]] á [[República Romana|República de Roma]], as maiores potencias da rexión do [[Mar Mediterráneo|Mediterráneo]] da época. Foi a primeira de tres guerras entre os dous pobos, todas vencidas polos romanos. As baixas e consecuencias económicas do enfrontamento foron moi altas para ambas as partes.
 
== Antecedentes ==
 
A mediados do [[século -III]], Roma era xa unha forza [[militar]] que dominaba toda a [[penínsulaPenínsula Itálica|Península itálica]], mediante guerra ou por alianzas con outras cidades, coma as cidades da [[Magna Grecia]], colonias gregas na península italiana, sendo [[Taranto]] a máis importante, que se renderon a Roma tralo fracaso da guerra ca que [[Pirro]], rei de [[Epiro]], acudiu en axuda das cidades de influencia grega.
 
[[Ficheiro:CarthageMap.png|miniatura|350px|Cartago antes da primeira guerra púnica.]]
Para terminar con ese problema, o cónsul [[Publio Claudio Pulcro]] decide atacar a frota inimiga por sorpresa, pero o ataque é un fracaso completo, volvéndose a [[batalla de Drepana|maior derrota naval]] dos romanos na guerra. Pouco despois o resto da frota romana que non participara na batalla é destruída por tempestades mentres tentaba cercar a frota de Aderbal. Após iso Cartago volveu a ter o dominio marítimo na guerra e Roma quedou moitos anos sen poder construír unha nova frota.
 
En terra, o cerco a [[Marsala|Lilybaeum]] e a base naval de [[Trapani|Drepana]] continuou, pero sen maiores avances.
 
Asustada co rumbo que a guerra estaba tomando, Roma nomea a [[Aulo Atilio Caiatino]] [[ditador romano|ditador]].
=== [[Amílcar Barca]] ===
 
En [[-247]] [[Amílcar Barca]], pai de [[Aníbal|Aníbal Barca]], converteuse en comandante das forzas de Cartago e comezou a aproveitar o dominio marítimo para atacar cidades costeiras no Sur de Italia. No mesmo ano el estabeleceuse co seu exército preto de Panormus, en medio do territorio inimigo. De alá os seus ataques a cidades italianas estendéronse ata [[Cumas]] e, grazas a eses ataques, el conseguía auxilios para as súas tropas, xa que a esa altura da guerra a [[economía]] de Cartago, e ata mesmo de Roma, estaban quebrantadas dabondo. A pesar das constantes ataques, o seu exército non só atinxiu defenderse, senón que avanzou cara ao Monte Eryx (Monte San Giuliano).
 
=== A nova frota de Roma ===
Como o Estado non tiña máis remedio que pagar esa nova frota, foi custeada polos cidadáns ricos que se organizaron en pequenos grupos, construíndo cadanseu barco. Así Roma, mesmo desfalecida pola guerra que xa se estendía por máis de 20 anos, atinxiu unha nova frota de 200 barcos.
 
En [[-242]] a nova frota foi mandada para as proximidades de Lilibeo. Ao saber da inesperada forza naval romana, Cartago mandou a súa frota con auxilios esperando que chegase á base de Amílcar, onde embarcarían os expertos [[mariñeiro]]smariñeiros baixo o seu mando. Así e todo, a frota foi avistada o que resultou na [[batalla das Illas Aegates]] ([[Illas Égadi]]), gañada polos romanos. A cidade de Lilibeo acabou dominada, restando en Sicilia só a base de Amílcar, illada e sen auxilios que chegaban por mar.
 
Cartago, sen recursos para intentar calquera manobra na guerra, aceptou a derrota e, so o mando de Amílcar, negociou un tratado de paz con Roma, poñendo fin á guerra.
* Cada barco tiña aproximadamente 100 homes.
 
Chégase á conclusión que, aínda que incertas, as vítimas eran definitivamente pesadas para ambos os lados. O historiador [[PolíbioPolibio]] comentou que a guerra foi, ata entón, a máis destrutiva en termos de vítimas na historia das guerras, incluíndo as batallas de [[Alexandre o Grande]], o que pode dar unha idea da dimensión do conflito. Ollando os datos do [[censo]] romano do [[Século -III|século III a. de C.]], [[Adrian Goldsworthy]] notou que, durante o conflito, Roma perdeu aproximadamente 50.000 cidadáns. Isto exclúe tropas auxiliares e os homes no exército sen status de cidadán, que estarían fóra do cómputo principal.
 
=== Cartago trala guerra ===
 
Trala guerra, Cartago non tiña practicamente cartos e non puido sequera pagar os exércitos mercenarios mobilizados. Isto conduciu a un conflito interno, a [[Revolta dos Mercenarios (Cartago)|Revolta dos Mercenarios]], gañada tras duro esforzo por [[Amílcar Barca]]. Quizais o resultado político máis inmediato da '''primeira guerra púnica''' foi a caída de Cartago como un poder naval principal. As condicións asinadas no tratado da paz comprometeran a situación económica de Cartago e impediron a recuperación da cidade. A indemnización esixida polos romanos causou unha tensión adicional nas finanzas, forzando a cidade a mirar para outras áreas de influencia para obter o diñeiro para pagar a Roma. Iso resultou nunha ocupación cada vez máis agresiva nas colonias de [[Hispania]], o que máis tarde causou a [[Guerras púnicas|segunda guerra púnica]].
 
Unha comparación interesante pode ser feita coa política da [[Alemaña]] trala derrota na [[Primeira guerra mundial|Primeira Guerra Mundial]]. O [[tratado de Versalles]] levou á crise económica e por consecuencia a [[Segunda guerra mundial|Segunda Guerra Mundial]].
 
Para Roma, a fin da '''primeira guerra púnica''' marcou o principio da expansión ademais da península italiana. Sicilia transformouse na primeira [[provincia]] romana gobernada por un [[pretor]], en vez dun aliado. Sicilia tornaríase moi importante para Roma como fonte de gran. En [[-238]] Roma anexionou Sardeña como outra provincia e Córsega como mero territorio (ambos os dous perdidos por Cartago).
15.625

edicións