Diferenzas entre revisións de «Guerras púnicas»

(corrixo lingua)
[[Ficheiro:CarthageMap.png|miniatura|350px|Cartago antes da [[Primeira Guerra Púnica]].]]
'''As guerras púnicas''' foron [[guerra]]s sostidas nos [[século]]s III e II antes de Cristo entre [[RomaRepública AntigaRomana|Roma]] e [[Cartago]]. A causa foi a competencia económica e militar da emerxente Roma coa potencia marítima hexemónica no [[Mar Mediterráneo|Mediterráneo]] occidental e central dos cartaxineses.
 
== Primeira guerra púnica ==
{{Artigo principal|Primeira guerra púnica}}
Transcorre en Sicilia, entre o [[-264|264]] e o [[-241|241a]]. C. A escusa foi a axuda romana ós [[mamertinos]], donos de [[Messina|Mesina]] en [[Sicilia]], na súa loita contra [[Hierón de Siracusa]], aliado de [[Cartago]]. As [[lexión romana|lexións romanas]] vencen ao exército mercenario cartaxinés dirixido por [[Amílcar Barca]] nunha guerra principalmente centrada nas batallas navais, rematando coa potencia marítima hexemónica dos cartaxineses dos últimos séculos na batalla das [[illas Egadas]]. Como resultado da vitoria militar [[Roma]] obtén [[Sicilia]], [[Córsega]] e [[Sardeña]].
 
== Segunda guerra púnica ==
{{Artigo principal|Segunda guerra púnica}}
Tras a primeira guerra púnica [[Amílcar Barca]] toma a decisión estratéxica de estender a área de influencia cartaxinesa á [[Península Ibérica]] para centrar outros posíbeis enfrontamentos con Roma lonxe do mar, unha prematura morte nun enfrontamento cos [[Iberos]] leva a asumir o mando do protectorado cartaxinés a [[Aníbal|Aníbal Barca]]. Debido a gran riqueza da península Cartago experimenta unha rápida recuperación da derrota, o que leva a desconfianza ao senado romano. Quen, rompendo o acordo de non agresión polo que se establecía que ao sur do [[río Ebro]] era área de influencia cartaxinesa, toma baixo á súa protección á cidade de [[Sagunt]], a cal desafía a autoridade de Cartago.
 
Coa resposta de Aníbal atacando, sitiando e arrasando Sagunto, desátase a segunda guerra púnica que se desenvolveu entre os anos [[-218|218]] e o [[-202|202]] a. C. Durante esta longa guerra Aníbal despois de arrasar Sagunto atravesa os [[Pireneos]] e [[Alpes]] derrotando aos exércitos consulares que se envían para detelo nas batallas de [[Tesino]] e [[Trevia]], derrota ao cónsul Flaminio xunto o [[lago Trasimeno]]. Un dos puntos álxidos da contenda é a que se coñece como unha dos fitos máis importantes da historia da estratexia militar, a [[batalla de Cannas]] onde un exército cartaxinés canso despois do periplo dende a península Ibérica se enfronta a un exército romano totalmente fresco tres veces superior, vencéndoo e case exterminándoo cunha estratexia envolvente e facendo uso dunha cabalería moi superior á romana.
15.714

edicións