Diferenzas entre revisións de «Scórpio»

m (Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores))
 
==Características==
É unha novela moderna cunha alta dose de ironía literaria que pode lembrar as novelas epistolares do [[século XVIII]] e mesmo a literatura galante. Tamén é unha [[novela histórica]] que describe a xeración de mozos [[galeguista]]s [[II República Española|republicanos]], unha xeración truncada pola Guerra Civil. Para [[Ramón Nicolás]] é unha proposta poliédrica e polifónica.<ref>{{Cita web|título=«Scórpio», novela polifónica e poliédrica|url=https://www.lavozdegalicia.es/noticia/fugas/2020/10/30/novela-polifonica-poliedrica/0003_202010SF30P10992.htm|páxina-web=La Voz de Galicia|data=2020-10-30|data-acceso=2020-10-30|lingua=es}}</ref>
[[Ficheiro:2013. Ricardo Carballo Calero por José Molares. Santiago de Compostela-2.jpg|miniatura|Estatua de Carballo Calero en Santiago]]
A novela contén numerosos elementos autobiográficos, pois Ricardo Carvalho Calero foi tenente no exército durante durante a [[Guerra Civil española]]. O conflito armado entre democracia e fascismo ocupa a segunda parte de ''Scórpio''. Dalgún xeito, anticipa a vaga de literatura da memoria histórica que abundará a narrativa galega no inicio do [[século XXI]]<ref>{{Cita web|url= http://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/memoria-scorpio-trinta-anos-despois/20171110131329063230.html|páxina-web=Sermos Galiza|título=A memoria de “Scórpio” trinta anos despois. Daniel Salgado|data-acceso=19/02/2018}}</ref>.
5.181

edicións