Wikipedia:A Taberna (xeral): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Liña 35:
::Como comentei noutro sitio, o DRAG na utilización de maiúsculas e minúsculas é un tanto contraditorio. Na acepción 11 de xogo[https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/xogo] no exemplo hai un Xogos Olímpicos. Do que se deduce que as dúas formas, tanto en minúsculas como en maiúsculas son correctas, e se Xogos Olímpicos é correcto por dedución tamén Olimpíadas ten que ser, non tería sentido ningún que fose correcto Xogos Olímpicos e non Olimpíadas.--[[Usuario:HacheDous=0|HacheDous=0]] ([[Conversa usuario:HacheDous=0|conversa]]) 29 de outubro de 2020 ás 21:12 (UTC)
:O mesmo pasa con Segunda Guerra Mundial, na maioría dos exemplos figura en minúscula pero logo vas a cortina[https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/cortina] e en frases e acepcións tes cortina de aceiro, e non no exemplo no propio texto da definición atopas "Fronteira política e ideolóxica que separaba a URSS e mais os países comunistas de Europa oriental das nacións capitalistas do bloque occidental despois da '''Segunda Guerra Mundial'''" do que se colixe que tamén é correcto con maiúsculas malia que por exemplo a min xa se me cambiou algunha vez a minúsculas, xa que eu emprego as maiúsculas nese caso.--[[Usuario:HacheDous=0|HacheDous=0]] ([[Conversa usuario:HacheDous=0|conversa]]) 29 de outubro de 2020 ás 21:24 (UTC)
::Igual en termos de maiúsculas tería máis sentido seguir as [[NOMIG]] e algunha gramática especializada en lugar do dicionario da RAG. Eu entendo que é posible. Os exemplos do dicionario son iso, exemplos e nada máis, e malia ser o pouco que temos e os empreguemos ás veces, penso que é mellor optar por unha fonte especializada. Qué vos parece? --[[Usuario:Norrin strange|Norrin]]<sup> ([[Conversa_Usuario:Norrin strange|Fálame]])</sup> 30 de outubro de 2020 ás 06:50 (UTC)