Diferenzas entre revisións de «Minneapolis, Minnesota»

m
Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
m (Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores))
m (Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores))
 
 
=== Clima ===
Minneapolis ten un típico [[clima continental]] propio do Alto Medio Oeste estadounidense. Os invernos adoitan a ser fríos e secos, mentres que o verán é caloroso e húmido. A cidade situasesitúase na clasificación climática de Köppen na zona húmida continental con veráns cálidos (Dfa). Minneapolis experimenta varios tipos de precipitación e eventos relacionados co clima, incluíndo neve, auganeve, xeo, choiva, treboadas, tornados, vagas de calor e brétema. A temperatura máis alta rexistrada na cidade foi de 42 °C en xullo de [[1936]], mentres que a máis fría foi de −40,6 °C en xaneiro de [[1888]]. O inverno de 1983-84 foi o que máis niveis de neve rexistrou, con 250 centímetros de neve caída na cidade.
 
Debido á súa situación norte nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] e a falta de corpos de auga o suficientemente grandes para controlar o aire e as temperaturas, Minneapolis sofre, en ocasións, masas de aire do [[Ártico]], especialmente entre xaneiro e febreiro. A temperatura media anual de 7,4 °C fai da área metropolitana de Minneapolis–St. Paul a máis fría de todo o país continental.
7.541

edicións