Wikipedia:A Taberna (xeral): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Liña 33:
== Xogos olímpicos e olimpíadas ==
A partir da información oculta no DRAG (en concreto do exemplo para a acepción 3ª: "En 1972 celebrouse a olimpíada de Múnic. As olimpíadas de Montreal."), infiro que a minúscula e a que prima en '''olimpíadas''' e '''xogos olímpicos'''. Nese sentido, retirei unha nota valorativa en [[Olímpiadas]][https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Olimp%C3%ADada&diff=prev&oldid=5611067] e toquei o encabezado de [[Xogos Olímpicos]][https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Xogos_Ol%C3%ADmpicos&diff=prev&oldid=5611068]. Con todo e iso, xa que o cambio é importante, abro este fío de discusión por se alguén creo que pode achegar referencias de igual relevo que contradigan o uso de minúscula que parece propor a Academia. Grazas. --[[Usuario:Atobar|Atobar]] <sup>([[Conversa Usuario:Atobar|conversa comigo]])</sup> 29 de outubro de 2020 ás 19:59 (UTC)
::Como comentei noutro sitio, o DRAG na utilización de maiúscuas e minúsculas é un tanto contraditorio. Na acepción 11 de xogo[https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/xogo] no exemplo hai un Xogos Olímpicos. Do que se deduce que as dúas formas, tanto en minúsculas como en maiúsculas son correctas e se Xogos Olímpicos é correcto por dedución tamén Olimpíadas ten que ser, non tería sentido ningún que fose correcto Xogos Olímpicos e non Olimpíadas.--[[Usuario:HacheDous&#61;0|HacheDous&#61;0]] ([[Conversa usuario:HacheDous&#61;0|conversa]]) 29 de outubro de 2020 ás 21:12 (UTC)