Jorge Alberto de Mendonça Paulino: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m engado a Categoría:Nados en 1938 mediante HotCat
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Deportista|deporte=[[Fútbol]]|posición=[[Delantero]]|liga=<!-- Sección de trayectoria -->}}'''Jorge Alberto de Mendonça Paulino''', nado en [[Luanda]] ([[Angola]]) o [[19 de setembro]] de [[1938]], é un ex futbolista [[Portugal|portugués]], de orixe [[Angola|angolano]]. Xogaba de [[dianteiro]].
 
== Traxectoria ==
Naceu en Luanda, capital da [[África Occidental Portuguesa]]. Comezou a súa carreira no [[Sporting Clube de Braga|Sporting de Braga]], no que xogou ata 1958, momento no que chegou a [[Galicia]] xunto aos seus irmáns [[Fernando Mendonça|Fernando]] e [[João Mendonça|João]] para tentar salvar ao Deportivo do descenso á [[Terceira división española de fútbol|Terceira División]], cando só faltaban unhas poucas xornadas para o remate da tempada e o club ocupaba postos de descenso directo. Finalmente João non puido xogar debido a problemas burocráticos pero si o fixeron seus irmáns, gañando case todos os partidos e conseguindo a salvación na fase de permanencia fronte ao [[Club Deportivo Ourense|Ourense]], con dous goles de Jorge Mendonça.<ref>{{Cita web|url=https://www.rcdeportivo.es/gl/rcdeportivo/protagonistas/cadros-historicos/1-26|páxina-web=RC Deportivo|título=Temporada 1957-1958|data-acceso=29 de outubro de 2020}}</ref>
 
En [[1958]] marchou para o [[Club Atlético de Madrid|Atlético de Madrid]], debutando na [[Primeira división española de fútbol|primeira división]] o 14 de setembro de [[1958]] na vitoria por 2 0 fronte ao [[Real Oviedo|Oviedo]], na que Mendoça marcou o segundo gol do seu equipo.<ref>{{Cita novas|apelidos1=Pina|nome=Nivardo|título=At. Madrid, 2 - Oviedo, 0|url=http://hemeroteca.mundodeportivo.com/preview/1958/09/15/pagina-4/640576/pdf.html|data-acceso=29 de outubro de 2020|obra=[[Mundo Deportivo]]|data=15 de setembro de 1958|lugar=[[Madrid]]|formato=PDF}}</ref>
 
En [[1960]] gañou a [[Copa do Rei de fútbol|Copa do Xeneralísimo]], o primeiro título de Copa da historia do Atlético de Madrid, título que revalidou ao ano seguinte.
 
Na tempada 61-62 proclamouse campión da [[Recopa de Europa de fútbol|Recopa de Europa]], primeiro título europeo da historia do conxunto branquivermello. No partido de desempate da final fronte á [[ACF Fiorentina|Fiorentina]], Mendonça marcou un dos tres goles atléticos.