Volcán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2
Sen resumo de edición
Liña 4:
Un '''volcán''' é unha estrutura [[xeoloxía|xeolóxica]] pola cal emerxe [[magma]] (rocha fundida) e gases do interior dun planeta. O ascenso ocorre xeralmente en episodios de actividade violenta denominados '''[[erupción volcánica|erupcións]]''', nas cales o volcán inxecta altas cantidades de poeira, [[gas]] e [[aerosol|aerosois]] na [[atmosfera terrestre|atmosfera]], podendo causar arrefriamento climático temporal.
 
Ao acumularse o material arrastrado do interior fórmase unha estrutura cónica en superficie que pode atinxir alturas dunhas centenas de metros ata varios quilómetros. Ao conduto que comunica o reservoriosabor de magma ou '''cámara magmática''' en profundidade coa superficie denomínaselle '''cheminea'''. Esta termina na cima do edificio volcánico, o cal esta rematado por unha depresión ou [[cráter (volcán)|cráter]].
 
Algúns volcáns, logo de sufrir erupcións grandes, colápsanse formando enormes depresións nas súas cimas que superan o [[quilómetro]] de diámetro. Estas estruturas reciben o nome de [[caldeira volcánica|caldeiras]].