Diferenzas entre revisións de «Pictos»

Arranxiños
(Arranxiños)
[[Ficheiro:Serpent stone.JPG|miniatura|A pedra de serpe de [[Aberlemno]], amosando (de arriba a abaixo), a serpe, o disco dobre, o símbolo en Z e o espello]]
[[Ficheiro:Norrie's LawDSCF6226.jpg|miniatura|Placa de prata de [[Norrie's Law]], [[Fife, Escocia|Fife]], con disco dobre e o símbolo en Z]]
'''Pictos''' (latín ''picti'') é o nome que se lle dá aos antigos [[caledonios]] que vivían na moderna [[Escocia]]. Foron un grupo de pobos celtas da [[Idade de Ferro británica]] e o Baixo Medievo que viviron no leste e no norte de [[Escocia]].<ref>[[#Fos96|Foster 1996]]. p. 11-13.</ref> [[Ammiano Marcelino]] preséntaos divididos en dúas tribos en tempos do emperador [[Constante|Flavius Iulius Constante]]: os [[dicalidóns]] (''dicalidonae'') e os [[verturións]] (''verturiones'') e aliados cos [[attacoti]] (do gaélico ''athach tuatha'', que significa pobo ou xente que paga rendas, oposto a xente ceibe) e cos [[escotos]]. O seu nome significaba "pintado" e debíase ao costume dos caledonios de pintarse para o combate. Pictia ou Pictavia (''Pictland'' en inglés) convértese no [[reino de Alba]] (Escocia) durante o século X, co que os pictos pasan a ser coñecidos como ''Albannach'' ou escoceses.
 
Hai unha asociación coa distribución xeográfica de [[fíbula celta|fíbulas]], nomes de lugares [[Linguas britónicas|britónicos]] e [[pedras pictas]]. Os pictos son rexistrados desde antes da [[conquista romana de Britania]] ata o século X, momento no que se pensa que se mesturaron cos [[Gaels]]. Vivían ó norte dos ríos [[Río Forth|Forth]] e [[Río Clyde|Clyde]], e falaban a extinta [[lingua picta]], a cal se pensa que estaba relacionada coas [[linguas britónicas]] faladas polos pobos do sur. Asúmese que son os descendentes dos antigos [[Caledonios|Caledonii]] e outras tribos nomeadas polos historiadores romanos, atopados tamén no [[Mapamundi de Tolomeo|mapamundi]] de [[Tolomeo]]. Pictia ou Pictavia, mesturouse gradualmente co reino [[Gaels|gaélico]] de [[Dál Riata]] para formar o [[Reino de Alba]] (Escocia). Alba expandiuse, absorbendo os reinos de [[Reino de Strathclyde|Strathclyde]] e [[Lothian]], e no século XI, a identidade dos pictos foi incluída na amálgama de pobos que son os escoceses.
 
A arqueoloxía dá algunhas aproximacións sobre a sociedade dos pictos. A pesar de que sobreviviu moi pouco da súa forma de escritura, a historia deste pobo, a partir do século IV, é coñecida por unha grande variedade de fontes, incluíndo haxiografías como a de [[San Columba]] de [[Iona]], así como varios [[Anais irlandeses]]. Aínda que a impresión popular sobre os pictos pode ser a dun pobo escuro e misterioso, non é así en absoluto. A historia e a sociedade pictas son semellantes ás dos pobos de Europa Central, Setentrional ou Oriental na Antigüidade ou na Alta Idade Media cando se osson comparacomparados con eles.
 
== Nome ==
15.714

edicións