Tratado do Ebro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m info de de:wiki
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{enuso}}
O '''Tratado do Ebro''' foi un acordo alcanzado no 226&nbsp;a.&nbsp;C. entre a [[República Romana|República romana]] e o xeneral [[Asdrúbal o Belo]], en representación de [[Cartago]], polo que se fixaba o río [[Río Ebro|Ebro]] ([[Lingua latina|latín]]: ''Iber'') como o límite entre ámbalas dúas potencias na [[Península Ibérica|península ibérica]]. Algúns autores denomínano o [[Tratado do Ebro|Tratado de Asdrúbal]], posto que foi acordado entre o líder cartaxinés e os embaixadores romanos.<ref name=":0">Bringmann (2001), p. 369</ref> Baixo os termos do tratado, Cartago vía recoñecida a súa soberanía ao sur do río e non se expandiría ao norte do Ebro, a condición de que Roma non fixese o propio cara ao sur.
 
== Contexto histórico ==
Despois da derrota na [[Primeira guerra púnica]] en 241, Cartago perdeu [[Sicilia]] fronte aos romanos. Aproveitando o levantamento mercenario, no que os mercenarios libios subleváronse contra o estado norteafricano, os romanos ocuparon no 238 [[Córsega]] e [[Sardeña]] que, xunto con Sicilia, eran os territorios que surtían de gran[[trigo]] a Cartago, Cerdeña e Córsega . Os cartaxineses non foron quen de resistir a esta violación do [[Tratado de Lutacio]], e tiveron que acepta-la perda adicional de territorio. Nos anos seguintes, a esfera de influencia de Roma expandiuse cara ao norte da península italiana e produciuse o gran conflito da guerra contra os celtas no norte de Italia noa partir do [[-225|225 a. C.]] Daquela, Cartago decidiu, baixo o liderado de [[Amílcar Barca]], compensa-la perda dos territorio insulares cunha intensa política de conquista na Penínsulapenínsula Ibérica.
 
Os romanos observaron con preocupación a renovada expansión do seu adversario máis importante nopolo Mediterráneo occidental. Xa o 231/230 a.C., unha embaixada romana visitou os Bárquidas para coñece-los seus plans sobre [[Iberia]]. Os romanos quedaron satisfeitos coa resposta de que a expansión era necesaria para poder resolver as [[Reparacións de guerra|reparacións]] negociadas e que aínda estaban pendentes da anterior guerra contra eles.<ref>Zimmermann (2009), p. 42</ref>
 
Problemas de investigación
 
Un problema que xorde coa investigación sobre Cartago é a perda xeneralizada de fontes e rexistros cartaxineses. A tradición contemporánea é predominantemente romana. [[Polibio]] é unha das fontes máis crible e, por último, pero non menos importante, máis directa para o Tratado do Ebro. Non obstante, pódese supor que Polibio, que foi deportado a Roma como refén grego, "non estaba completamente libre de restricións prácticas" nas súas observacións.<ref>Zimmermann (2009), p. 2</ref> A maioría das coleccións de textos sobreviventes, pertencentes a [[Tito Livio|Livio]] ou [[Apiano]], pódense atribuír aos [[Anais romanos]]. Isto debe considerarse como "anacrónico e enganoso" na medida do posible, xa que se esforzaron en comentar a historia romana dende unha data posterior e, polo tanto, debe ser considerado de xeito crítico na súa análise e avaliación.<ref name=":0" /> Metodoloxicamente, os analistas procederon de tal xeito que ofreceron as súas propias interpretacións dos tratados e falsearon feitos xeográficos ou cronolóxicos.<ref>Bringmann (2001), p. 374</ref>
 
== Características ==
Liña 13 ⟶ 17:
 
Foi neste punto cando o Senado cartaxinés se negou a recoñecer o Tratado do Ebro e a entregar a Aníbal aos romanos. Dise que os cartaxineses compararon este tratado co realizado entre [[Cayo Lutacio Cátulo|Caio Lutacio Cátulo]] e [[Amílcar Barca]] no 241&nbsp;a.C., argumentando que os romanos se negaron a aceptar o convenio entre os dous xenerais porque non fora ratificado polo seu pobo.<ref>Polibio, 1990, «III, 28–29».</ref> Os enviados romanos descualificaron este razoamento e, ante a incapacidade de chegar a un pacto, a guerra estalou no 218&nbsp;a.C. O conflito resultante foi a coñecido como [[Guerras púnicas|Segunda guerra púnica]], que durou até o 201&nbsp;a.C.
 
== Contido do Tratado ==
Polibio resume o contido do tratado de tal xeito que os romanos concluíron un tratado con Asdrúbal, "no que non se facía mención ao resto de Iberia, mentres que aos cartaxineses non se lles permitía cruza-lo río Iber con intención bélica".<ref name=":1">Zimmermann (2009), p. 43 (a partir da tradución de Polibio 2.13.7)</ref> É discutido até que punto os cartaxineses se ataron aquí unilateralmente e concederon unha renuncia defensiva á súa propia expansión na península pois, vista a posterior escalada do conflito romano-celta, Asdrúbal non tiña raóns para o facer. Zimmermann conclúe que os romanos deberon engadir unha oferta aos cartaxineses no popio tratado, e que consistiu en lles outorgar unha total liberdade de acción na zona sur do río. Esta hipótese coincide coa cita de Polibio citada anteriormente na que non se mencionou "o resto de Iberia".<ref name=":1" />
 
Porén, Bringmann ofrece unha interpretación diferente da pasaxe de Polibio: afirma, ignorando as fontes dos Anais, que o tratado concedeu a ambas partes liberdade de acción e só rexeitou a ocupación bélica do ''Iber'' por parte dos cartaxinenes. Esta lectura fai fincapé na vantaxe unilateral para o bando romano, que na véspera do enfrontamento no norte de Italia quixo persuadir aos cartaxineses para que se mantivesen quietos.<ref name=":0" /> Así e todo, Polibio enfatizou que os romanos actuaran ''xenerosamente'' e evitaron enfrontarse a Asdrúbal.<ref>Bringmann (2001), p. 371</ref>
 
== Avaliación histórica do Tratado ==
Zimmermann rexeita as opinións que denuncian como revanchista a política cartaxinesa posterior á Primeira guerra púnica. Asdrúbal aceptou o tratado sen necesidade de definir as esferas de interese e renunicou a apoiar as tribos celtad contra Roma trala aceptación da fronteira do Ebro.<ref>Zimmermann (2009), p. 45</ref> Bringmann engade que o sentido do tratado hai que buscalo nas circunstancias do momento. Roma planificara a súa guerra contra as tribos [[celtas]] do norte de [[Italia]] polo 226-225 a. C., polo que o principal obxectivo do tratado era evitar que recibisen axuda militar dos cartaxineses e, por outra banda, ningunha das dúas partes fora capaz de establecer "relacións amistosas ou incluso contractuais con tribos ibéricas ou celtibéricas".<ref>Bringmann (2001), p. 370</ref> Para este propósito, Roma estendeu tratados anteriores sobre restricións náuticas até a fronteira terrestre do ''Iber;'' dese xeito, Roma tivo en conta o cambio no exército cartaxinés, que coa perda das súas illas xa non necesitaba manter unha gran flrta. Esta foi, finalmente, unha das razóns polas que Aníbal atacou Italia a través dos [[Alpes]] e non cruzou o [[Mar Mediterráneo|Mediterráneo]].<ref>Zimmermann (2009), p. 116</ref>
 
== Notas ==