Diferenzas entre revisións de «Tratado do Ebro»

m
info de de:wiki
m (info de de:wiki)
{{enuso}}
O '''Tratado do Ebro''' foi un acordo alcanzado no 226&nbsp;a.&nbsp;C. entre a [[República Romana|República romana]] e o xeneral [[Asdrúbal o Belo]], en representación de [[Cartago]], polo que se fixaba o río [[Río Ebro|Ebro]] ([[Lingua latina|latín]]: ''Iber'') como o límite entre ámbalas dúas potencias na [[Península Ibérica|península ibérica]]. Algúns autores denomínano o [[Tratado do Ebro|Tratado de Asdrúbal]], posto que foi acordado entre o líder cartaxinés e os embaixadores romanos.<ref>Bringmann (2001), p. 369</ref> Baixo os termos do tratado, Cartago vía recoñecida a súa soberanía ao sur do río e non se expandiría ao norte do Ebro, a condición de que Roma non fixese o propio cara ao sur.
 
== Contexto histórico ==
Despois da derrota na [[Primeira guerra púnica]] en 241, Cartago perdeu [[Sicilia]] fronte aos romanos. Aproveitando o levantamento mercenario, no que os mercenarios libios subleváronse contra o estado norteafricano, os romanos ocuparon no 238 os territorios que surtían de gran a Cartago, Cerdeña e Córsega . Os cartaxineses non foron quen de resistir a esta violación do [[Tratado de Lutacio]], e tiveron que acepta-la perda adicional de territorio. Nos anos seguintes, a esfera de influencia de Roma expandiuse cara ao norte da península italiana e produciuse o gran conflito da guerra contra os celtas no norte de Italia no 225 a. C. Daquela, Cartago decidiu, baixo o liderado de Amílcar Barca, compensa-la perda dos territorio insulares cunha intensa política de conquista na Península Ibérica.
 
Os romanos observaron con preocupación a renovada expansión do seu adversario máis importante no Mediterráneo occidental. Xa o 231/230 a.C., unha embaixada romana visitou os Bárquidas para coñece-los seus plans sobre Iberia. Os romanos quedaron satisfeitos coa resposta de que a expansión era necesaria para poder resolver as reparacións negociadas e que aínda estaban pendentes da anterior guerra contra eles.<ref>Zimmermann (2009), p. 42</ref>
 
== Características ==
15.675

edicións