Barebox: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "miniatura|400px|Barebox '''Barebox''' é un xestor de arranque, (en inglés, bootloader) deseñado como ferramenta de..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 28 de outubro de 2020 ás 11:01

Barebox é un xestor de arranque, (en inglés, bootloader) deseñado como ferramenta de código aberto para sistemas. Execútase nunha gran variedade de arquitecturas, incluíndo x86, ARM, MIPS, PowerPC e outros.

Barebox

Barebox é capaz de cargar a inicialización de sistemas Linux embebidos mais tamén para activar hardware ou mesmo produción de código. Barebox é altamente configurábel para a produción de binarios ou de manufactura enxuta. O nome do programa deriva dunha analoxía coa navalla suíza. Así como busybox se pode considerar a navalla suíza para o Linux embebido, barebox sería a navalla suíza do metal nú (en inglés, bare metal) , termo co que se coñece ao disco duro ou hardware puro, ou bare metal server, un servidor no que se instala unha máquina virtual directamente no disco sen sistema operativo.[1]

A ferramenta

En sistemas Linux embebidos, o bootloader é o primeiro chanzo na inicialización do hardware cara o punto no que o kernel acenda.

A isto o bootloader,que non engande ningún tipo de concurrencia (emprega o CRC32 para a detección de corrupcións) ou interrupcións, provee acceso directo ao hardware, polo que é moi popular entre as enxeñeiras de hardware.

En sistemas modernos, as enxeñeiras adoitan empregar o parámetro freedesktop no Barebox para seleccionar os compoñentes do sistema de Linux cos que se quere iniciar o sistema (árbore de dispositivos (en inglés, device tree), kernel, o sistema de ficheiros root). Con respecto á árbore de dispositivos barebox importao completo dentro de /dts/src.

En sistemas con redundancia o bootloader pode determinar cal das múltiples imaxes debe arrancar.

Así mesmo o programa mantén tres copias do material co que traballa por redundancia e atomicidade.

Barebox tamén conta cunha capa de seguridade permitindo a verificalidade da imaxe seleccionada. [2] Opcionalmente barebox pode activar o HMAC para a detección de cambios non autorizados.

Notas

Véxase tamén