Fernando de Magalhães: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Traxectoria: arranxiño
m →‎Traxectoria: arranxiño
Liña 16:
Varias localidades portuguesas, como [[Sabrosa]], [[Ponte da Barca, Portugal|Ponte da Barca]], [[Vila Nova de Gaia]] ou [[Porto, Portugal|Porto]], afirman ser berce de nacemento de Magalhães<ref name="Universalis">[http://www.universalis.fr/encyclopedie/fernand-de-magellan/1-jeunesse/ «Fernand de Magellan (1480 env.-1521)»], artigo da l'Encyclopædia Universalis.</ref>.
 
Fernando de MagalhãeMagalhães pertence a unha das ramas da antiga liñaxe dos Magalhães, unha familia nobre do [[Rexión Norte, Portugal|norte de Portugal]] cuxa orixe remóntase a finais do [[século XIII]]<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Castro|2007|p=37}}.</ref>. Aos historiadores cústalles situalo na árbore xenealóxica e ignoran todo sobre a súa mocidade: algúns rastros sospeitosos parecen indicar que os seus pais, Rui de Magalhães, alcaide maior (gobernador) de [[Aveiro]], e Alda de Mesquita, pertencen á nobreza. Desde unha idade temperá, o seu pai podería levalo de [[Paxe (mozo)|paxe]] á corte da raíña [[Leonor de Viseu]] onde probablemente aprendeu navegación e astronomía, ensinado en particular por [[Martin Behaim]]<ref name="Universalis"/>.
 
A primeira mención historicamente certa é un documento de arquivo, que o designa como auxiliar e pensionista da casa do rei na frota de [[Francisco de Almeida]], nomeado [[vicerrei]] das [[Indias Orientais]] portuguesas. Foi a bordo desta armada de vinte barcos que partiu de Lisboa o 25 de marzo [[1505]].<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Castro|2007|p=42}}</ref>{{,}}<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Zweig|2010|p=44}}.</ref>. Aínda que o seu nome non apareza nas crónicas, sábese que permaneceu alí oito anos e que estivo en [[Goa]], [[Cochín]] e [[Kilwa Kisiwani]]. Participou en varias accións militares, incluíndo a batalla naval de [[Cananor]] ([[Kerala]]) onde foi ferido, e na decisiva [[batalla de Diu]]. En [[1509]] partiu na primeira expedición a [[Malaca]] mandada por [[Diogo Lopes de Sequeira]], xunto con [[Francisco Serrão]], o seu amigo e posiblemente primo.<ref>William J. Bernstein (2008), "A Splendid Exchange: How Trade Shaped the World", pp. 183-5. Nueva York: Atlantic Monthly Press. ISBN 978-0-87113-979-5.</ref> Chegados a Malaca en setembro, foron vítimas dunha conspiración e a expedición terminou dandose á fuga deixando atrás dezanove prisioneiros. Magalhães tivo un papel crucial avisando a Sequeira e salvando a Serrão que desembarcara, actos que lle valeron honras e unha promoción.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Castro|2007|p=43}},</ref> Durante uns meses dedicase o comercio da [[pementa]], antes de participar na captura de [[Malaca (cidade)|Malaca]] no verán [[1511]] baixo o mando do novo gobernador [[Afonso de Albuquerque]] e xunto o seu amigo Serrão<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Zweig|2010|p=54-55}}.</ref>. Despois da conquista da cidade, os camiños dos amigos separáronse: Magallanes, promovido, cun rico botín e en compañía dun escravo adquirido en [[Sumatra]], [[Henrique de Malaca]], regresou a Europa. Serrão partiu na primeira expedición enviada ás «illas da especiaría», as [[Molucas]] onde se estableceu despois de gañar os favores do rei local.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Castro|2007|p=45}}.</ref>. Alí permaneceu e casou cunha muller da illa de [[Ambón]], volvéndose conselleiro militar do [[Sultanato de Ternate|sultán de Ternate]]. Antes de saír de Malaca o 11 de xaneiro [[1513]] para volver á Portugal, Magalhães recibirá por correo as novas do seu amigo Francisco Serrão. As súas cartas a Magalhães serían decisivas, pois delas obtivo informacións sobre a situación dos lugares produtores de [[especia]]s.