Tratado do Ebro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m engado a Categoría:-226 mediante HotCat
Liña 5:
Descoñécese a data exacta, aínda que algún tempo despois do ano en que se asinou o tratado, Roma asociouse cos [[edetanos]] de [[Sagunt|Sagunto]], ao sur do río.<ref>Goldsworthy (2008), p. 170</ref> [[Polibio]] conta que o xeneral púnico [[Aníbal]] estaba a buscar un pretexto para a guerra<ref>Polibio (1990), p. (II, 15–16)</ref> de xeito que, tras consultar brevemente ao Senado cartaxinés, [[Sitio de Sagunto|puxo a cidade baixo asedio]] durante oito meses. O [[Senado romano]], ao se decatar do cerco, enviou inmediatamente embaixadas a Aníbal, e máis tarde ao Senado de Cartago. Inicialmente os romanos esixiron que detivese o seu ataque contra un dos seus aliados, ao que rexeitaron os púnicos. O Senado cartaxinés afirmou que foran os saguntinos quen empezaron o conflito, e que os romanos non tiñan motivo algún para acusarlles.
 
Os romanos foron incapaces de acudir en socorro de Sagunto, que sucumbiu no [[-219|219&nbsp;a. C.]] Despois da caída da cidade, os romanos fixeron preparativos para a guerra, enviando unha segunda embaixada a Cartago. Os seus emisarios esixiron a Cartago a entrega de Aníbal e o resto de responsables do ataque a Sagunto.<ref>Tito Livio, 1993, «XXI»</ref> [[Tito Livio]] relata que esta segunda embaixada foi enviada simplemente como unha formalidade antes de declarar oficialmente a guerra, o que quere dicir que os romanos esperaban completamente unaunha nova guerra contra os cartaxineses.<ref>Tito Livio, 1993, «XXI, VII, 49».</ref> Tanto Livio como Polibio falan da rifa entre a embaixada romana e o Senado púnico antes de que se fixese a declaración de guerra.
 
Foi neste punto cando o Senado cartaxinés se negou a recoñecer o Tratado do Ebro e a entregar a Aníbal aos romanos. Dise que os cartaxineses compararon este tratado co realizado entre [[Cayo Lutacio Cátulo|Caio Lutacio Cátulo]] e [[Amílcar Barca]] no 241&nbsp;a.C., argumentando que os romanos se negaron a aceptar o convenio entre os dous xenerais porque non fora ratificado polo seu pobo.<ref>Polibio, 1990, «III, 28–29».</ref> Os enviados romanos descualificaron este razoamento e, ante a incapacidade de chegar a un pacto, a guerra estalou no 218&nbsp;a.C. O conflito resultante foi a coñecido como [[Guerras púnicas|Segunda guerra púnica]], que durou até o 201&nbsp;a.C.