Diferenzas entre revisións de «Manuel Rilo Pardo»

m
sen resumo de edición
m
Das súas actuacións na contorna betanceira existe abondosa información na impresa local. Durante toda a década do 1890 amenizou as festas de Santo Antón Abade, o que fai pensar que Rilo posuía un dos contratos vitalicios que adoitaban asinarse cos gaiteiros. A festa duraba dous ou tres días durante os que Rilo tocaba animando paseos, xantares e funcións relixiosas.<ref>Torres Regueiro (1990). pp. 266-267</ref> Era tradición nesta festividade o sorteo dun porco criado durante o ano pola veciñanza ao que se lle permitía camiñar ceibo polas rúas da vila. Rilo amenizaba todo o cerimonial da rifa do porco, acompañando a súa entrega en procesión até o fogar da familia agraciada.<ref>{{Cita publicación periódica|apelidos=Noguerol Otero|nome=Antonio|data=1983|título=A rifa do porco, os serenos e o neno|PMC=|revista=[[Anuario Brigantino]]|doi=|ISSN=|PMID=|volume=|páxinas=179-180|número=6|url=http://anuariobrigantino.betanzos.net/Ab1983PDF/1983%20179_180.pdf}}</ref><ref>{{Cita web|título=#49 A rifa do porco de San Antón "Criou dous porcos Ramón/cando casou con Tomasa/un pra comeren na casa/e outro pra San Antón" 17 de Xaneiro.|url=https://percusiongalega.com/49-a-rifa-do-porco-de-san-anton-17-de-xaneiro-criou-dous-porcos-ramon-cando-casou-con-tomasa-un-pra-comeren-na-casa-e-outro-pra-san-anton/|páxina-web=Percusión Galega|data=2019-01-17|data-acceso=2020-10-21|lingua=gl-ES}}</ref> O vello Rilo debeu empregarse tamén como gaiteiro das tradicionais danzas gremiais celebradas durante as [[Festas de San Roque (Betanzos)|festas patronais de San Roque]]<ref>{{Cita web|título=El respeto y los pasos que nunca perdieron en Betanzos|url=https://www.diariodeferrol.com/extarticulo/area-metropolitana/respeto-pasos-nunca-perdieron-betanzos/20190504210046404754.html|páxina-web=Diario de Ferrol|data-acceso=2020-10-24|lingua=es|nome=Diario de|apelidos=Ferrol}}</ref>. De feito aparece xunto aos bailadores da [[danza do gremio de labradores]]<ref>{{Cita audiovisual|título=Danza de Labradores|autor=RTVE|url=https://www.youtube.com/watch?v=BZFmo2B4GA0|data=1973|medio=Youtube}}</ref> nunha fotografía do ano 1902.
=== Certames de gaiteiros ===
[[Ficheiro:Gaiteiro_Rilo_de_Betanzos.jpg|miniatura|O vellogaiteiro Rilo e o tamborileiro "O Vigo" de Parada nas festas de San Roque. Betanzos, agosto de 1905|esquerda]]
[[Ficheiro:O gaiteiro Ventosela.png|miniatura|Xan Míguez "O Ventosela", habitual antagonista de Rilo nos certames gaiteiros. A prensa da época confrontaba o seu estilo "innovador" co "clasicismo" de Rilo.]]
No derradeiro terzo do século XIX proliferaron os certames de gaiteiros nas principais vilas e cidades galegas. A dotación económica destes concursos atraía a presenza dos mellores gaiteiros e espallaba a súa sona por todo o país. Nestes certames é constante a presenza de Rilo que, como el mesmo fachendeaba, chegou a gañar até vinte e sete. Antes de gañar o vinteseteavo certame en Compostela, o propio Rilo dirixíalle esta copla ao xurado: ''"Gañei vintaséis premios, viña por outro máis, si o merezo, señores,o xurado o dirá"''.
|'''O vello Rilo''' - [[Francisco Vales Villamarín]]<ref>{{Cita web|título=Galiciana: Arquivo Dixital de Galicia|url=http://arquivo.galiciana.gal/arpadweb/gl/catalogo_imagenes/grupo.do?registrardownload=0&path=66099&posicion=2&presentacion=pagina|páxina-web=arquivo.galiciana.gal|páxina-web=arquivo.galiciana.gal|data=2016|data-acceso=2020-10-25|lingua=gl|nome=Administración de|apelidos=Galicia}}</ref>|||aliñamento=right|largo=25%}}
== Memoria e herdanza do gaiteiro Rilo ==
O vello Rilo non tivo a fortuna doutros gaiteiros da súa época, caso de [[Manuel Castro de Penalta]] ou [[Xan Mella de Baio]], que ficaron inmortalizados por [[Manuel Curros Enríquez|Curros Enríquez]]<ref>{{Cita web|título=O gueiteiro, Manuel Curros Enr?uez|url=https://galicia.swred.com/curros_gueiteiro.htm|páxina-web=galicia.swred.com|data-acceso=2020-10-25}}</ref> e [[Enrique Labarta Pose|Enrique Labarta]]<ref>{{Cita web|título=¡¡¡Probe gaiteiro de Bayo!!! - Wikisource|url=https://gl.wikisource.org/wiki/%C2%A1%C2%A1%C2%A1Probe_gaiteiro_de_Bayo!!!|páxina-web=gl.wikisource.org|data-acceso=2020-10-25}}</ref>. Tan só un poeta da suasúa vila, [[Fernando García Acuña]], foi quen de adicarlle en vida un par de poemas en pequenas revistas da época<ref>Torres Regueiro (1990). p. 272</ref>.
 
A súa lembranza foise pois esvaíndo aos poucos, mais nunca de todo, pois vinte anos despois da súa morte, o mestre betanceiro Xoán Díaz Fernández adicáballe uns versos nunha publicación da emigración<ref>Torres Regueiro (1990). p.273</ref> e pouco mais tarde o erudito [[Francisco Vales Villamarín]] un soneto en galego<ref>{{Cita web|título=Galiciana: Arquivo Dixital de Galicia|url=http://arquivo.galiciana.gal/arpadweb/gl/catalogo_imagenes/grupo.do?registrardownload=0&path=66099&posicion=2&presentacion=pagina|páxina-web=arquivo.galiciana.gal|data=2016|data-acceso=2020-10-25|lingua=gl|nome=Administración de|apelidos=Galicia}}</ref>.
1.623

edicións