Lancelot: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m robot Añadido: ca:Lancelot Modificado: es:Lanzarote del Lago
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot: Reemprazo de téxto automático (-== ([a-zA-Z ]*) == +==\1==)
Liña 2:
'''Lanzarote do Lago''' (''Sir Lanzarote, Lancelot of the Lake'' ou ''Lancelot du Lac'') é un dos cabaleiros da [[Mesa Redonda]], pertencente ao conxunto de lendas artúricas.
 
== Antecedentes ==
Na maioría dos romances e escritos en prosa francesa, Lancelot é caracterizado como o máis grande e confiábel de todos os cabaleiros do [[Rei Artur]], desempeñando sempre unha parte importante en moitas das vitorias do rei, aínda que tamén a eventual caída de Artur se debe en parte ao propio Lancelot, cuxo involucramento coa esposa do seu señor, a raíña [[Xenebra (raína)|Xenebra]], destrúe a unidade da corte real.
 
Liña 16:
É a parte máis extensa do Ciclo da Vulgata (c. [[1230]]), que comeza co nacemento de Lanzarote e finaliza coa súa morte tras a caída do reino. Nela queda definitivamente perfilado o personaxe e a súa historia, e pódese considerar como a referencia máis completa da súa historia.
 
=== A familia de Lancelot ===
 
O pai de Lancelot é o [[rei Ban]] de Benwick e o nome da súa mai é Elaine. Ten un medio irmán ilexítimo, de nome Hector de Maris; o rei Borg é tío seu e Sir Bors e Sir Lionel son os seus primos. Tivo un fillo coa filla do rei Pelles, Helena, que tamén atinxiría fama e gloria: Sir [[Galahad]].
 
=== A Dona do Lago ===
 
O rei Ban, seu pai, estaba en guerra co reino do rei Claudas, o seu veciño, que invadindo o reino de Ban, obrigou a fuxir o rei e a raíña. Na fuxida, o rei Ban sofre un desmaio ao ver ardendo o seu [[palacio]] e por socorrelo, a raíña Elaine deixou o seu fillo, chamado até entón Galahad, só no campo. Nese momento, apareceu a chamada [[Dona do Lago]] e raptou o neno. Desde ese momento, tomará o nome de Lancelot do Lago (ou Lanzarote do Lago). O neno foi criado no palacio da Dona, onde mostrou destrezas na aprendizaxe normal dun neno de alta alcurnia da época e no uso das armas en particular.
Liña 26:
Mais outra versión comenta que Lanzarote foi froito do Gran Matrimonio, unión entre a Dona do Lago, Sacerdotisa de Ávalon e o rei Ban. A raíña Elaine e este foron os que criaron a Galahad (nome que obtivo en Ávalon) xunto cos seus dous irmáns de leite Balan e Balin.
 
=== Chegada a Camelot ===
 
A unha idade entre os quince e os dezaoito anos, segundo o costume dos seus tempos, o novo Lancelot sae a percorrer o mundo co debido equipamento para alguén do seu rango e sen coñecer a súa auténtica estirpe real. Viaxa, segundo algúns escritos, acompañado dunha escolta, en pos do reino de Artur, onde por influencias da Dona do Lago, agarda ser nomeado [[cabaleiro]].
 
=== Artur e Xenebra ===
 
Unha vez na corte de Artur, este encoméndalle a misión de traer a [[Camelot]] a súa noiva, Xenebra, para a voda real. No traxecto a Camelot, porén, Lancelot e Xenebra namóranse e desde ese momento, a vida de Lancelot converterase nun constante conflito coa súa conciencia, dilucidando entre o seu amor pola raíña e as súas obrigacións co seu rei.
Liña 38:
Entre as súas numerosas fazañas, conquistaralle ás forzas do mal un castelo chamado da Garda Dolorosa (''Dolorus Garde''). Tras convertelo no seu fogar, cambiaralle o seu nome polo de Garda Gozosa (''Joyeux Garde''). Após o seu regreso a Camelot, axudaralle a Artur a terminar revoltas na súa contra e a asentar a súa posición como leal cabaleiro da corte do rei.
 
=== Elaine ===
 
Nunha dos seus maiores aventuras, Lancelot escoita o rumor de que unha doncela vive secuestrada nun [[Castelo (fortificación)|castelo]], e que só o mellor cabaleiro do mundo podería rescatala. Lancelot acomete a tarefa e logra sacar do castelo unha beleza incomparábel, que resultou ser a filla do rei Pelles, Elaine. Ela enamórase perdidamente de Lancelot, que para a súa desilusión xa fixera votos de castidade en honra da súa raíña e por lealdade ao seu rei. Así, Elaine consegue mediante un feitizo levar a Lancelot ao seu cuarto e pasar a noite con el. Ao día seguinte, libre xa do conxuro, Lancelot dáse conta do que sucedera e deixa o castelo abandonando a Elaine en medio da vergonza e dunha debilidade crecente no seu corpo, pois segundo o seu entender, a súa forza derivábase do mantemento dos seus votos e promesas á raíña.
Liña 44:
Pouco despois de regresar a Camelot, chega a nova de que Elaine dará a luz un neno, ao que chamou [[Galahad]], o primeiro nome de Lancelot. Ao saber isto a raíña, chamou a Lancelot perxuro e traidor, renegando da súa pasada amizade e amor.
 
=== Desterro e desenlace ===
 
Cando Artur acaba sabendo da relación que houbo entre Lancelot e a súa esposa, condena a esta á fogueira e desterra para sempre a Lancelot. Este, porén, regresa a Camelot e rescata a Xenebra do seu destino, matando no afán algúns dos seus antigos camaradas da mesa redonda, polo que o rei marcha na súa contra. Na súa ausencia, o seu trono é usurpado polo seu fillo ilexítmo, [[Mordred]], quen acabará matando o seu propio pai, o [[Rei Artur]]. Xenebra, ao saber da morte do seu esposo entra nun [[convento]], polo que Lancelot decide converterse en ermitán, situación na que pasa até o final das súas días, só seis semanas despois de saber da morte de Xenebra no convento.