Wikipedia:A Taberna (propostas): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Piquito (conversa | contribucións)
One2 (conversa | contribucións)
Liña 31:
:::{{Discordo}} co posicionamento político da Galipedia. Se ben eu puxen no pasado caixas coa nacionalidade galega, vendo as cousas con perspectiva considero que é un erro e lle vai un mal favor ao proxecto, podendo crear en certo público unha asociación deste cunha determinada ideoloxía (que guste ou non, non é maioritaria en Galiza, e polo tanto na maior parte do público potencial). A min non me interesa que este proxecto o lean e o constrúan persoas que voten ao partido X, o positivo é que colabore todo tipo de xente, e este tipo de cousas afastan á Galipedia da xente (vaian consultar ou participar, porque se un proxecto ten unha liña de pensamento contraria á miña non vou colaborar nel, evidentemente). Aquí falouse de dúas definicións de nacionalidade, e escóllese a que politicamente interesa (que non é na que o público xeral pensa, vamos, a que pon no teu pasaporte, porque se migras a outro país, nos formularios que cubres non pos Galiza). Concordo tamén co expresado por [[Usuario:HombreDHojalata|HombreDHojalata]], non se pode modificar así ás bravas un modelo que afecta a tantos artigos, [[Usuario:One2|One2]], e menos cando esa modificación implica un posicionamento político de xeito automático. Valoro as achegas de One2 e [[Usuario:Cossue|Cossue]], fan un bo traballo coas súas achegas nos artigos nos que traballan, pero non comparto en absoluto a visión que tendes sobre a Galipedia neste sentido.
:::Finalmente, dáme moita pena ver como se debaten temas irrelevantes coma este, o esforzo que se pon para que nas caixas apareza Galiza como nación, a participación neste debate sen sentido (si, sen sentido, porque a opción de poñer Galiza como nación na caixa está para quen a queira usar), e o silencio, a nula participación, a falta de ideas, para tentar atraer a máis xente ao proxecto, para tentar ter máis artigos de calidade/bos, para publicitar a Galipedia e que cada día máis xente a coñeza, a consulte e a considere un referente en calidade, pero non, o importante é isto... [[Usuario:Piquito|Piquito]] ([[Conversa usuario:Piquito|conversa]]) 25 de outubro de 2020 ás 19:24 (UTC)
 
::::[[Usuario:Piquito|Piquito]], non sei se pór nas caixas Galicia aos galegos é un posicionamento político, que pode ser, mais é algo que así se facía, como ti ben admites, e que, de feito, así se segue a facer. E non só nas caixas, senón tamén noutros lugares como os cadros dos equipos deportivos. É dicir, a Galipedia sempre tivo ese suposto posicionamento político. Non considero, por tanto, que fose un cambio polas bravas, nin que saltase consenso ningún, senón un cambio coherente co resto da Galipedia, que restauraba moitos dos Galicia desaparecidos debido á substitución do modelo anterior polo de Wikidata. Substitución esta realizada, non polas bravas, mais si paulatinamente e sen debate. [[Usuario:One2|One2]] ([[Conversa usuario:One2|conversa]]) 25 de outubro de 2020 ás 21:34 (UTC)
 
== Proposta para as votacións ==