Partido Demócrata (Estados Unidos de América): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través da aplicación móbil Edición desde aplicación Android
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través da aplicación móbil Edición desde aplicación Android
Liña 35:
=== O Partido Demócrata e a Guerra Civil ===
Ao final do goberno do presidente James Buchanan (1857-1861) o Partido Demócrata estaba en crise; moitos líderes demócratas do norte romperan con Buchanan debido á súa inclinación excesiva cara aos intereses do sur, e os demócratas do sur eran cada vez máis intransixentes.
[[Ficheiro:ElectoralCollege1860.svg|esquerda|miniaturadeimaxe|O reparto do colexio electoral nas [[Eleccións presidenciais de Estados Unidos de 1860|eleccións de 1860]].]]
 
Na Convención Nacional Democrática de 1860 as diferenzas convertéronse en insalvables e a ruptura inevitable. As delegacións de varios estados do sur retiráronse da Convención cando non aprobou a inclusión dunha medida a favor da escravitude na Plataforma Electoral do partido; e posteriormente o resto dos demócratas do sur tamén se retiraron da Convención.