Juche: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
4bot (conversa | contribucións)
m Robot: Reemplazo automático de texto (-\bseñal +sinal)
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot: Reemprazo de téxto automático (-== ([a-zA-Z ]*) == +==\1==)
Liña 3:
O '''Juche''' (en coreano: 주체, pronunciado /tɕutɕʰe/), oficialmente designado como a '''idea Juche''' é a base ideolóxica do estado de [[Corea do Norte]]. Unha frase atribuída ó líder norcoreano [[Kim Il Sung]] define o xucheísmo do siguinte xeito: "''En poucas palabras, a idea Juche significa que os propietarios únicos da revolución e da construción posterior son as masas''".
 
== Fundamentos ==
O Juche é un sistema filosófico e ideolóxico cuxo desenvolvemento atribúese ó propio Kim Il Sung. O seu fillo e continuador na xefatura de Estado de Corea do Norte, [[Kim Yong Il]], é oficialmente o encargado da súa interpretación. Vén a ser unha adautación do [[comunismo]] [[Lenin|leninista]] á cultura coreana e ás necesidades propias do Goberno da República Democrática Popular de Corea.
 
Liña 22:
Kim Il Sung espuxo unha doutrina autodefensiva, contraposta á ''depedencia'' que adoptaba [[Corea do Sur]] respecto a [[Estados Unidos]]. Xuche ensalza a bandeira da soberanía nacional popular, poñendo o sistema político ó marxe de influencias externas que poidan acabar co bo desenvolvemento da transición ó comunismo. Deste xeito, Kim Jon-il segue configurando unha doutrina que dá un sentido ideolóxico á práctica política da [[República Democrática Popular de Corea]].
 
== Citas ==
En [[1975]], tras aprobarse a Constitución da República Democrática Popular de Corea de [[1972]], Kim Il Sung publica ''¡Juche!22, obra na que se pón a base da teoría que dá sentido ideolóxico á estrutura estatal norcoreana.
Mostras do seu pensamento son as siguintes frases incluídas no libro:
Liña 29:
:-''O noso partido adoptou con forza a idea Juche, para resolver os problemas da revolución e a construción do socialismo con independencia, segundo as condicións propias do noso país, cos nosos propios enfoques; e nós, todo o pobo, formaremos unha piña ó redor do espírito dunha autoafirmación que nos chama a crearmos unha revolución e construción do socialismo e o comunismo no noso país, cos nosos enfoques e os recursos do noso país, afastándonos da idea de depender de outros''.
 
== O Juche no exterior ==
Os intentos de Corea do Norte de espallar o Juche como fórmula resultaron un fracaso. De tódolos xeitos, atópanse grupos de estudo do xucheísmo en países como [[Reino Unido]], [[España]], [[Brasil]], [[Xapón]], [[Perú]] ou [[Australia]], entre outros.
 
== O calendario Juche ==
Tras a aprobación da constitución de 1972, Corea do Norte oficializou o calendario Juche, baseado no [[calendario gregoriano]] e que fixa o ano un no [[1912]] despois de Cristo, ano do nacemento de Kim Il Sung. Corea do Norte fixaba así o seu propio calendario revolucionario. Polo xeral, nos textos coreanos figuran en primeiro lugar o ano xuche e despois o cristiano: ''Juche 95 (2006)''.