Partido Socialista Obrero Español: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través da aplicación móbil Edición desde aplicación Android
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través da aplicación móbil Edición desde aplicación Android
Liña 93:
=== Liderado de Pedro Sánchez (2014-presente) ===
{{Actualidade}}
Nas eleccións primarias do partido celebradas o [[13 de xullo]] de [[2014]], [[Pedro Sánchez]] obtivo un 49 % dos votos, fronte a un 36 % de Madina e un 15 % de Pérez Tapias, converténdose no novo secretario xeral. Afronta o reto de recuperar a unidade do partido e a confianza dos antigos votantes do PSOE, un 25 % dos cales segundo unha enquisa do [[Centro de Investigacións Sociolóxicas|CIS]] de outubro de 2014 decantaríase por un novo partido, [[Podemos]]. {{cómpre referencia|A partir de novembro de 2014, o PSOE optou, en cambio, pola estratexia de deixar de chamarlles populistas para presentarlles en cambio como situados na extrema esquerda, tentando conservar así a hexemonía do centro esquerda.}}
 
Nas eleccións ao [[Parlamento de Andalucía]] de [[2015]], celebradas anticipadamente en marzo de 2015, o PSOE foi a forza máis votada. Con todo, ao non obter maioría absoluta, a investidura de [[Susana Díaz]] como presidenta da [[Junta de Andalucía|Junta]] foi rexeitada ata en tres ocasións, a causa do voto en contra de [[PP]], [[Podemos]], [[Ciudadanos]] e [[Izquierda Unida]]. Marcadas por un «retroceso do bipartidismo», nas eleccións municipais de maio de 2015, o PSOE tivo un mínimo no total de votos; nas eleccións autonómicas celebradas na mesma data, conseguiu volver ser a formación máis votada na comunidade autónoma de [[Estremadura]], así como manterse en primeira posición en [[Asturias]]. Noutras comunidades como [[Castela-A Mancha]], [[Comunidade Valenciana]], [[Aragón]] ou as [[Illas Baleares]], foi a segunda forza, polo que necesitaría pactar con outras formacións para ocupar os gobernos autonómicos.