Johann Heinrich Pestalozzi: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado lig int
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot: Reemprazo de téxto automático (-== ([a-zA-Z ]*) == +==\1==)
Liña 27:
A pedagoxía de Pestalozzi céntrase na educación infantil e escolar e, desde 1811, el e os seus colaboradores mencionan o sistema pestalozziano co nome de "educación moi elemental". Consiste en facer que o proceso de crecemento humano (sensitivo, intelectual e moral) siga o curso evolutivo da natureza do neno, sen adiantarse artificialmente ó mesmo. A educación é vista como unha "axuda" que se dá ó neno neste proceso para que se realice ben, e a actividade educativa e docente é vista como unha "arte".
 
== Como Didacta ==
O máis típico de Pestalozzi, e polo que foi máis coñecido e do que estaba máis orgulloso, foi o seu método de ensino, que el mesmo tratou de divulgar e, de feito, en varios países europeos se fundaron escolas pestalozzianas, entre eles España.<br>Para Pestalozzi, o coñecemento humano comeza coa intuición sensible das cousas, e a partir dela se forman as ideas. Así, tamén o método de ensinanza debe seguir este mesmo proceso, adaptándose ó desarrollo mental do neno en cada momento dado. O coñecemento debe avanzar desde unhas intuicións confusas, a unhas ideas claras e distintas.
 
== Vida Cultural ==
A súa vida cultural divídese en varias etapas, marcadas polo lugar de estancia.