Submarino: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Militar: texto traducido desde a wiki .ca:Submarí#Militar
m →‎Militar: arranxiño
Liña 187:
Deseños avanzados de propulsores, illamento extensivo redutor de son e maquinaria especial axudan un submarino para permanecer tan silencioso como o son de ambiente do océano, facéndoo difícil de detectar. Requírese tecnoloxía especializada para atopar e atacar submarinos modernos.
 
O [[sonar]] activo utiliza o reflexo do son emitido desde o dispositivo de procura para detectar submarinos. Empregouse desde a segunda guerra mundial para barcos, submarinos e aeronaves (vía boias lanzadas por avións ou sondas de "cata" desde helicópteros), pero conlevasupón a desvantaxe de dar a propia posición do emisor e é susceptible as contra-medidas.
 
Un submarino militar confinado é unha auténtica ameaza, e debido ao seu sixilo, pode forzar unha frota inimiga a investir recursos peiteando grandes áreas de océano e protexendo barcos contra posibles ataques. Esta vantaxe foi vivamente demostrada na [[guerra das Malvinas]] en 1982, cando o submarino nuclear británico "HMS Conqueror" afundiu o cruceiro arxentino "ARA General Belgrano".