Submarino: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Militar: texto traducido desde a wiki .ca:Submarí#Militar
Liña 172:
 
=== Mulleres a bordo ===
En 1995 a Armada Real Norueguesa converteuse na primeira do mundo en designar unha muller capitá dun submarino.<ref>[https://web.archive.org/web/20060209224033/http://www.mil.no/felles/fms/utdanning/start/jenter/historikk/ Jentene kom gradvis inn] {{no}}</ref> Seguírona as armadas de [[Australia]], o [[Canadá]] e [[España]].<ref>[http://www.nato.int/docu/review/2001/0102-09.htm NATO Review - ''Women in uniform''] {{en}}</ref> O exército estadounidense, que permite ás mulleremulleres servir en case calquera outro buque da súa frota, só permite a súa presenza en submarinos militares en escasas excepcións, argumentando que as condicións de semisegregación que aplica ao persoal feminino nos buques suporía un custo duns 300&nbsp;000 dólares por camastro.<ref>[http://armedforcescareers.com/articles/article18.html Armed Forces Careers - ''New Debate on Submarine Duty for Women''] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20070927064245/http://armedforcescareers.com/articles/article18.html |date=27 de setembro de 2007 }} {{en}}</ref>
 
== Usos ==
=== Militar ===
Antes e durante a [[segunda guerra mundial]], o rol principal do submarino era a guerra contra unidades de superficie. Os submarinos podían atacar tanto en superficie como mergullados, utilizando [[Torpedo (arma)|torpedos]] ou (en superficie) pezas de artillería en cuberta. Foron particularmente efectivos no afundimento do tráfico transatlántico aliado durante ambas as guerras mundiais, así como na disrupción das rutas de abastecemento xaponesas e operacións navais no Pacífico durante a segunda guerra mundial.
 
Os submarinos [[Mina mariña|minadores]] foron desenvoltos a principios do século XX. Esta capacidade utilizouse nas dúas guerras mundiais. Así mesmo tamén se usaron para inserir e extraer axentes encubertos en forzas militares, recolección de información e rescate de aviadores durante ataques a illas, previa información aos aviadores de lugares seguros para facer amaraxes onde poder ser rescatados polos submarinos e podían transportar carga a través de augas hostís así como prover doutros submarinos.
 
== Clasificación e operadores ==