Submarino: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 160:
Despois da experiencia da segunda guerra mundial viuse que se necesitaban submarinos deseñados para atacar sempre en inmersión e ter as máximas prestacións posibles (autonomía, velocidade, propulsión silenciosa, etc.). Parte destes problemas solucionáronse coa propulsión nuclear así como co uso de novos materiais e tecnoloxías. Por outra banda co desenvolvemento do [[arma nuclear|armamento nuclear]] e os [[mísil de cruceiro|mísiles de cruceiro]] os submarinos converteronse en plataformas de armamento capaces de causar unha gran destrución terra dentro, supoñendo un factor clave na proxección de poder e de disuasión durante a [[guerra fría]]
 
[[Ficheiro:SS-571-Nautilus-trials.gif |miniatura| ElO [[USS Nautilus]], primeiro submarino nuclear, 1955.]]
 
O primeiro submarino propulsado por [[enerxía nuclear]], o [[USS Nautilus (SSN-571)|USS Nautilus]] (1955), marcou a transición das naves lentas submariñas aos buques capaces de manter unha velocidade de 20-25 nós (37-46 km/h) somerxidos durantes semanas. Proxectado grazas aos traballos do físico [[Philip Abelson]] e deseñado por [[John Burnham]], foi construído pola [[General Dynamics Electric Boat]] nos seus estaleiros de [[Groton, Connecticut]]. O ''Nautilus'' dispuña dun reactor naval S2W, un reactor de auga a presión construído pola [[Westinghouse Electric|Westinghouse Electric Corporation]].