Intelixencia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot: Reemprazo de téxto automático (-== Véxase tamén == +==Véxase tamén==)
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot: Reemprazo de téxto automático (-== ([a-zA-Z ]*) == +==\1==)
Liña 5:
Ás veces defínese a intelixencia como a capacidade de se adaptar a situacións novas por contraposición ás condutas innatas que son ríxidas, tradicionalmente presentábase como unha capacidade específica humana que nos diferenciaba dos animais, pero aínda que os humanos teñen un grao superior ós animais non é un trazo específico noso. As especies que poden realizar condutas máis flexibles son máis intelixentes, pero tamén precisan un período de aprendizaxe maior, por iso os seus membros teñen unha infancia máis longa, é o ser humano ten a infancia máis longa, o que permite que maduren as estruturas intelectuais que posibilitan as condutas intelixentes.
 
== Desenvolvemento ==
Ó nacer o ser humano posúe un número de condutas limitado, denominados reflexos: succión, prensión, micción, defecación, estornudo, reptación, marcha... A partir destas condutas o neno por medio da interacción co ambiente constrúe o seu desenvolvemento intelectual. Estes reflexos non evolucionan igual, mentres uns non se alteran outros modifícanse sustancialmente como a prensión ou a locomoción. Estes reflexos nos primeiros meses son innatos, pero co paso do tempo vaise convertendo nunha acción voluntaria e diante estímulos diferentes as accións vanse diferenciando e formando esquemas de conduta, o desenvolvemento da intelixencia consiste na construción de novos esquemas por diferenciación doutros anteriores e que lle permiten actuar sobre a realidade.
 
Segundo Piaget o desenvolvemento da intelixencia pasa polas seguintes etapas, unha etapa sensorio-motor ata o 18/24 meses, nela predominan as actividades perceptivas e motoras, cara os 18 meses aparece a representación, isto é actuar sobre os obxectos simbolicamente: o remedo, a linguaxe, o xogo simbólico, o debuxo, as imaxes mentais, etapa de operacións concretas ata 7 ou 8 anos, etapa de operacións concretas propiamente dito desde os 7 ou 8 ata 11 ou 12 e a etapa de operación formais desde 11 ou 12 anos ata 15 ou 16.
 
== Linguaxe ==
 
A [[linguaxe]] é unha capacidade especificamente humana e instrumento indispensable para o pensamento abstracto. As actividades sensorio-motoras prelingüísticas son unha condición indispensable para a aparición e desenvolvemento da linguaxe. Nun principio as palabras están ligadas a unha situación determinada e o seu significado pode cambiar cando comeza o desenvolvemento lingüístico arredor dos 18 meses. Ós 5 anos o neno ten xa a maioría das estruturas sintácticas e ós 7 ou 8 anos o desenvolvemento da linguaxe está rematado.
== Controversia ==
 
Os investigadores no campo da intelixencia receben máis críticas que os investigadores doutras áreas. Algúns temas controversos son: