Requila: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Cossue (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 33:
}}
[[Ficheiro:Sueben coin III.jpg|miniatura|dereita|200px|Moeda de ouro sueva datada entre os anos 410 e 500.]]
'''Requila''' (? [[448]]) foi o segundo monarca [[suevo]] do [[reino de Galiza]], substituíndo o seu pai [[Hermerico]]<ref>{{Cita libro|título=Primera crónica general de España|apelidos=[[Afonso X o Sabio|Afonso IX]]|nome=|editorial=|ano=1289|ISBN=|ref=|url=https://digibug.ugr.es/bitstream/handle/10481/55381/visigodosI.pdf?sequence=1&isAllowed=y#page=120&zoom=auto,-634,679|cita=Depues de la muerte de Hermerico finco Riquila su fijo por '''rey de Gallizia''' (..)|apelidos-editor=Menéndez Pidal|edición=1977}}</ref>. Hai poucas fontes primarias para a súa vida, mais [[Hidacio]] <nowiki/>foi un cronista cristián (mais non [[Arianismo|ariano]]) contemporáneo a el.
 
Subiu ó trono en [[438]] por desexo do seu pai Hermerico que estaba enfermo desde anos atrás (finou en [[441]]). Adoptou unha actitude moi agresiva contra os [[galaicos]] nativos e a igrexa católica. Enfrontouse ós bispos e favoreceu ó clero priscilianista. Firmou un novo ''[[foedus]]'' con [[Roma antiga|Roma]] e alianzas coas tribos [[bagaudas]] (bandoleiros do norte peninsular que traballaban como mercenarios). Dirixiu unha política expansionista con campañas por [[Lusitania (provincia)|Lusitania]] e a [[Bética]] tratando de encher o baleiro deixado polos retirados [[vándalos]] e [[alanos]]. Derrotou no 438 a [[Andevoto]] (''dux'' romano segundo [[Isidoro de Sevilla]] ou un xefe local segundo outras fontes) no [[río Genil]] (''Singilis'')<ref>Thompson, ''Romans and Barbarians'', 173.</ref>. Conquistou as capitais provinciais de [[Mérida, España|Mérida]] en [[439]] e [[Sevilla]] en [[441]]<ref>Thompson, ''Romans and Barbarians'', 172.</ref>.