Fernando de Magalhães: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 139:
[[Ficheiro:Magellan_mactan.jpg|miniatura|Monumento a Magalhães en Mactan]]
[[Ficheiro:Detail from a map of Ortelius - Magellan's ship Victoria.png|miniatura|O [[Victoria (nao)|Victoria]] nun mapa de [[Abraham Ortelius|Ortelius]] de finais do século XVI]]
[[Lapu-Lapu]], o rei da pequena illa de [[Mactan]], fronte a de Cebú, négase a someterse aos invasores. Magalhães lidera unha expedición contra el, estimando que sesenta homes armados con [[arcabuz|arcabuces]] poden derrotar aos nativos espidos aínda que trinta veces máis numerosos. Pero o [[batalla de Mactan|ataque a Mactan]] o 27 de abril de 1521 fracasou: a pesar das súas armas de fogo, os españois foron rexeitados polos aldeáns e tiveron varias baixas nas súas filas unha delas a do propio Magalhães que tamén morreu. Segundo os informes do seu cronista Pigafetta (que estivo presente no campo de batalla), foi xunto a outros seis compañeiros un dos últimos en caer mentres permanecía de pé na auga para cubrir a retirada dos seus. Unha frecha envelenada feriuno atravesandole a coxa; pouco despois foi abatido por dúas lanzas, unha feríndolle na cara e a outra debaixo do brazo dereito.{{sfn|Castro|2007|p=164-167}}{{,}}<ref group= "nota">[[Stefan Zweig]] escribe: {{cita|así pereceu, nunha estúpida liorta cunha horda de salvaxes, o maior navegante de todos os tempos.}} {{sfn|Zweig|2010|p=230}}.</ref>. A crónica de Antonio Pigafetta ofrece detalles esenciais sobre este episodio: os guerreiros de Lapu-Lapu fixeran [[escudo]]s de [[madeira]] extremadamente dura, resistentes aos arquebuces, ao tempo que se armaban de frechas envelenadas cuxo veleno tiña un efecto case inmediato.
 
==== Masacre do 1 de maio ====