Migracións humanas prehistóricas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Saída de África: corrixida unha ligazón morta
Eliminouse a referencia ó ficheiro "Homo_erectus.JPG" que foi borrado en Commons por Ciell. Motivo: per c:Commons:Deletion requests/Hominin photos violating FoP
Liña 10:
 
== Humanos primitivos (antes do ''Homo sapiens'') ==
 
[[Ficheiro:Homo erectus.JPG|miniatura|200px|Reconstrución de ''Homo erectus''. Os antropólogos coidan que o ''H. erectus'' foi o primeiro homínido que controlou o [[lume]].]]
 
Os primeiros membros do xénero ''[[Homo]]'', como o ''[[Homo ergaster]]'', o ''[[Homo erectus]]'' e o ''[[Homo heidelbergensis]]'' emigraron desde África durante o [[Plistoceno Inferior]], posibelmente como resultado da denominada [[Teoría da Bomba do Sahara|Bomba do Sahara]], hai 1,9 millóns de anos, dispersándose a través do [[Vello Mundo]], e chegando na súa emigración tan lonxe como para alcanzar [[Asia Sudoriental]]. A data da dispersión primeira fóra de África vén coincidir virtualmente coa aparición do ''Homo ergaster'' nos rexistros fósiles, e está asociado coa aparición do [[bipedismo]] integral, só medio millón de anos despois da aparición do xénero ''Homo'' mesmo e das evidencias de [[instrumentos de pedra]] atopados, o que se coñece como industria de [[Oldoway]].