Taxonomía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Sen resumo de edición
Liña 47:
Aínda que, como o método de [[Jussieu]], utiliza os binomios lineanos e preconiza o «método natural» oposto ó «sistema artificial» de Linneo, a taxonomía proposta por De Candolle afástase pola importancia dada ós saltos. Mentres que para Linneo e Jussieu, a natureza «non dá saltos», Candolle insiste nas descontinuidades que están na base da noción de taxon, ó mesmo tempo entidade e división. O termo taxonomía é de uso corrente hoxe en día, pero en francés a súa grafía foi corrixida por Emile Littre a ''Taxinomía'', pero a outra grafía segue sendo moi utilizada en Francia, sobre todo grazas á súa conservación da tradución inglésa ''Taxonomy''.
 
Cando xurdiu a teoriateoría da evolución a medidados do século XIX, comenzou a admitirse, tal e como propuxera Darwin, que o grao de parentesco entre os taxons (filoxenia) debía servir como criterio para a formación dos grupos. A publicación do seu libro ''Sobre a orixe das especies'' en [[1859]] estimulou a incorporación das teorías evolutivas na clasificación, proceso que aínda hoxe non rematou (de Queiroz e Gauthier 1992). Un paso crítico neste proceso foi a adquisición da perspectiva filoxenética, na que algúns científicos, como Willi Hennig (1913-1976), Walter Zimmermann (1892-1980) e Warren H. Wagner (1920-2000) e moitos máis, fixeron valiosas achegas. A bioloxía sistemática é a ciencia que trata de relacionar os sistemas de clasificación coas teorías sobre evolución dos taxons.
 
Hoxe en día o desenvolvemento de novas técnicas (como a análise do [[ácido desoxirribonucleico|ADN]]) e as novas formas de análise filoxenética (que permite analizar matrices cunha cantidade enorme de datos) están introducindo cambios substanciais nas clasificacións ó uso, obrigando a desfacer grupos de longa tradición e definir outros novos. As achegas máis significativas proceden da comparación directa dos [[xene]]s e os [[xenoma]]s. Hoxe os organismos agrúpanse segundo as semellanzas no seu ADN (e logo co apoio do rexistro fósil e a morfoloxía), e a evolución dos caracteres morfolóxicos é “interpretada” unha vez a árbore filoxenética está consensuada. Esta situación enriqueceu o campo da Bioloxía Sistemática, e logrou unha relación estreita desta última coa ciencia da evolución, cousa que antes non ocorrera debido as numerosas imprecisions que existían antes da chegada das análise de ADN nos sistemas de clasificación. A taxonomía pasou a ser só unha subdisciplina da Bioloxía Sistemática que se ocupa de crear o sistema de clasificación segundo as regras, e a “estrela” pasou a ser a árbore filoxenética en si.