Diferenzas entre revisións de «Camiño Francés»

sen resumo de edición
Sem resumo de edição
Sem resumo de edição
<span style="border:1px solid #000; padding:1px; font-size:100%;">&nbsp;Carrión de los Condes - Calzadilla de la Cueza - Ledigos&nbsp;</span>
[[Ficheiro:Ledigos, Palencia.JPG|miniatura|esquerda|Ledigos.]]
O Camiño continúa agora entre a autovía A-231 e a nacional N-120. Ó pouco de saír de Carrión pasa xunto á abadía de Santa María de Benevívere, fundada en [[1169]] e practicamente derruída trala [[desamortización]] de Mendizábal. Logo cruza a calzada romana XXXIV, prolongación da Vía Aquitania que unía [[Bordeos]] con [[Astorga]] pasando por Pamplona, [[Briviesca]] e [[Palencia]]; e coincide durante un breve traxecto coaco CañadaCanellón Real LeonesaLeonés, unha das diversas rutas que os pastores [[trashumancia|trashumantes]] utilizaban para levar os seus rabaños desde os campos de León a [[Estremadura]], e viceversa.
 
Finalmente, tras 17&nbsp;km de camiño sen cruzar poboación ningunha, na chamada ''calzada dos peregrinos'', alcánzase [[Calzadilla de la Cueza]], onde houbo un antigo templo do que só queda a torre dando sombra ó cemiterio. O Camiño segue por Santa María de las Tiendas, aldea de catro casas con igrexa parroquial que pertenceu á Orde de Santiago e onde houbo mosteiro e hospital, e despois chega a [[Ledigos]], cunha igrexa parroquial dedicada a Santiago na que o santo se mostra nas súas tres iconografías: apóstolo, peregrino e cabaleiro (''matamouros'').
57.277

edicións