Diferenzas entre revisións de «Durante la tormenta»

m (Arranxos varios, replaced: <br /> → <br/> (8))
 
Unha misteriosa interferencia entre dous tempos provoca que Vera, unha nai felizmente casada, salve a vida dun rapaz que viviu na súa casa 25 anos antes. Pero as consecuencias da súa boa acción dá lugar a unha reacción en cadea que provoca unha nova realidade onde a súa filla nunca nacera.
 
A noite da caída do [[muro de Berlín]], Nico quedara so na súa casa, tras ter despedido á súa nai rumbo ao traballo. O rapaz tiña o propósito de usar a videocámara e o [[televisor]] para gravar as súas covers musicais e así poder conseguir ser unha grangrande estreaestrela do rock. Pero, mentres o facía, Nico escoita ruídos provenientes da casa dos seus veciños (Ángel e Hilda) e o rapaz decide marchar da súa casa para ver que sucede, e é cando descobre o [[cadáver]] de Hilda. Nico escapa moi asustado tras ser sorprendido por Ángel e termina arrollado por unha [[ambulancia]]. O sentimento de culpa de Ángel ou as indagacións da [[policía]] fixeron que este confesaraconfesase que el matara á súa esposa. Esta é a Liña do Tempo 1, na que Nico morre, Ángel vai á cadea, Vera é enfermeira e ten a Gloria (a súa filla).
 
A pesar de estarestaren separados por 20 anos de diferenza, a calidade única da [[tormenta]] permitiu que as [[ondas electromagnéticas]] xeradas tanto en 1989 como en 2009 se cruzarancruzasen permitindo unha comunicación efectiva entre Nico e Vera a través dun aparato como un televisor. Aquí se crea unha segunda [[liña do tempo]]: a Liña do Tempo 2, onde os feitos que vimos na Liña do Tempo 1 modifícanse: Ángel está libre, Vera é [[neurocirurxiá]], Gloria non existe e Nico non morrera e obsesionouse con coñecer á muller do futuro, tendo como pista tan so a estación de Valpineda. Cando a viu decidiu ocupar o lugar fronte ela no [[ferrocarril|tren]], evitando o seu encontro inicial con Aitor, o seu marido na Liña do Tempo 1.
 
Vera logra evitar que Nico vaia á casa de Ángel e, ao saír da rúa, evita ser arrollado pola ambulancia. Nico, inicialmente creecre que soñara terse comunicado con ela, a muller do futuro, que vive na súa mesma casa. Pero logo comproba que ela dixera a verdade, cando un raio cae na súa escola e as clases son suspendidas. Nico intenta comunicarse con Vera novamente pero resúltalle imposible e, eventualmente, decide botar unha ollada á casa de Ángel. Ao entrar, observa que Hilda non marchara a ningún lado, senón que está morta e logo ve como Ángel corta o seu cadáver en pedazos para metelo nunha [[maleta]]. Nico escóndese debaixo dunha [[cama]] para non ser sorprendido por Ángel e termina encontrando un reloxo de ouro.
 
Ao final do filme chegamos á Liña do Tempo 3, que se parece moito á Liña do Tempo 1, pero con algunhas diferenzas: Nico segue vivo, Ángel está libre e casara con Clara e criou a Aitor e nunca soubo que sucedeu con Hilda Weiss.
1.511

edicións