Diferenzas entre revisións de «SEGA»

No [[1969]], ''Gulf and Western Industries'' compraron Sega Enterprises, e Rosen quedouse como ''CEO'' da división de Sega. Liderado por Rosen, Sega continuou a crecer. Nos salóns recreativos, Sega foi coñecida polos xogos ''Frogger'' e ''Zaxxon''. No [[1983]], Sega lanzou a súa primeira [[videoconsola]], o ''SG-1000''.
 
No mesmo ano tivo lugar a [[crise dos videoxogos de 1983]]. Con poucos cartos, ''Gulf & Western'' vendeu a parte de Sega dos [[Estados Unidos de América|EUA]] a ''Bally Manufacturing Corporation''. A parte xaponésxaponesa de SEGA foi comprada por 38 millóns de dólares por un grupo liderado por Rosen e Hayao Nakayama, un negociante xaponés. Nakayama foi o novo ''CEO'' de SEGA no Xapón, e Rosen foi o xefe nos EUA.
 
No [[1984]], a compañía xaponesa ''CSK'' comprou SEGA, e cambiou o nome a ''SEGA Enterprises Ltd'', con sede no Xapón. No [[1986]], creouse ''Sega of America'' e lanzou o primeiro xogo de [[Alex Kidd]], [[Alex Kidd in Miracle World]].
1.511

edicións