Gustave Courbet: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
m robot Añadido: ca:Gustave Courbet
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot: Reemprazo de téxto automático (-== ([a-zA-Z ]*) == +==\1==)
Liña 4:
Courbet foi o principal creador do [[realismo]], realizou as súas primeiras creacións en [[1848]]. Ideoloxicamente republicano e [[Socialismo|socialista]] a súa participación na [[Comuna de París]] en [[1871]] levaríao ó cárcere e despois ó exilio. A súa pintura diríxese ó pobo, ó proletariado campesiño e obreiro, que é á vez o seu modelo. A súa pintura ademais do realismo caracterízase polas formas poderosas, a composición compacta, cromatismo austero, efectos sobrios do clarescuro, técnica densa e pastosa.
 
== O pintor ==
 
Nun primeiro momento, pinta a paisaxe, especialmente os bosques de [[Fontenebleau]] e retratos, con algúns trazos románticos. Pero a partir de [[1849]] é decididamente [[realismo|realista]]. Courbet é o grande innovador do realismo. Escolle temas e personaxes da realidade cotiá, sen caer no "pintoresquismo". A súa técnica é rigorosa co pincel, co pincel plano e coa espátula. As súas referencias son os mestres do pasado como [[Velázquez]], [[Zurbarán]] ou [[Rembrandt]]. O seu realismo convértese en modelo de expresión de moitos pintores, contribuíndo a enriquecer a obra de [[Cézanne]].