Diferenzas entre revisións de «Boeing 727»

Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
 
 
== Historia ==
O deseño do 727 debeuse a un compromiso entre [[United Airlines]], [[American Airlines]] e [[Eastern Airlines]] para buscar o sucesor do [[Boeing 707]]. United Airlines quería un avión con catro motores para os seus voos a aeroportos de grandrgrande altitude. American quería un avión bimotor por razóns de eficiencia. Eastern quería un trimotor para os seus voos sobre o [[mar Caribe]]. Eventualmente, as tres aeroliñas coincidiron nun trimotor e así naceu o 727.
 
En [[1959]], Lord Douglas, xefe de [[British European Airways]] (BEA), suxeriu que [[Boeing]] e [[de Havilland Aircraft Company]] (posteriormente [[Hawker Siddeley]]) traballasen xuntas nos seus deseños de trirreactores, o 727 e o [[Hawker Siddeley Trident|D.H.121 Trident]]. Os dous deseños tiñas un perfil semellante, diferenciandose principalmente no tamaño. Nese tempo, Boeing intentou usar tres motores turbofan Allison AR963, que era unha versión fabricada baixo licenza do mesmo motor que usaba o [[Hawker Siddeley Trident|Trident]], o [[Rolls-Royce Spey|Rolls-Royce RB163 Spey]]. Boeing e de Haviland intercambiáronse enxeñeiros para avaliar os dous deseños, pero Boeing finalmente decidiu poñer fin ao acordo. De Haviland quería que Boeing construíse baixo licenza o D.H.121, mentres que Boeing sentía que o deseño necesitaba ser adaptado para o mercado estadounidense, con seis asentos por fila e a capacidade de usar pistas de menos de 4500 pés.
1.511

edicións