1.511
edicións
(Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2) |
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil |
||
O 4 de agosto de 1883, en viaxe de proba, un tren fai o traxecto entre [[Palencia]] e A Coruña, co presidente do Consello de Administración da empresa adxudicataria, o Duque de Sexto, á fronte. No entanto, o momento culminante sitúase nos días 31 de agosto e 1 de setembro de 1883. No primeiro sae de [[Madrid]] ás 8,40 horas o tren inaugural, no que viaxan os Reis de España, [[Afonso XII de España|Afonso XII]] e [[María Cristina de Habsburgo-Lorena|María Cristina]], aos que acompañan numerosas autoridades civís e militares. Ás nove e media do día 1 de setembro de [[1883]], o convoi fai a súa entrada na estación de Monforte, na que é recibido polas autoridades locais e numeroso público.
É motivo da concesión a Monforte do título de [[cidade]] polo rei [[Afonso XII]], en orde aos esforzos nos traballos do [[Ferrocarril]], que foi o motor da economía da cidade, ata que reestruturacións desprazaron o
En [[1926]] a estación foi ampliada.<ref name="progreso">{{Cita noticia |url=https://www.elprogreso.es/articulo/noticias/recorrido-cronologico-por-monforte/20101111195000202732.html |título=Recorrido cronológico por Monforte |nome=Felipe |apelidos=Aira Pardo |xornal=[[El Progreso (xornal)|El Progreso]] |data=10 de nobembro de 2010 |dataacceso=6 de xuño de 2019 |lingua=es}}</ref>
Se ben inicialmente a estación estaba situada lonxe do núcleo urbano, o pulo económico que levou á zona o ferrocarril fixo prosperar as áreas próximas, medrando ao seu redor o coñecido como barrio da Estación, o que fixo que a estación pasara a estar moi integrada no casco urbano da cidade. Esta puxanza económica reflexouse na construción por parte do colectivo de traballadores do ferrocarril do [[Colexio Ferroviario]] en [[1931]], e no proxecto de construción dun novo mercado no barrio durante a [[Segunda República Española|Segunda República]] para que as persoas que residían no barrio non se tiveran que desprazar ao centro para mercar produtos que non podían adquirir nos negocios do barrio, aínda que o [[golpe de Estado do 18 de xullo de 1936]] impediu que o proxecto se materializara. O maior apoxeo do barrio circundante chegou logo da [[guerra civil española|guerra civil]], cando segundo o investigador local Felipe Aira Pardo, chegou a acoller nas dez rúas que o conformaban a 3 129 persoas en [[1940]]. Con todo, contra a década de 1960, coincidindo coa perda de peso de Monforte de Lemos como
Actualmente, aínda mantense na cidade lucense parte dos talleres. Cabe destacar que algunhas das infraestruturas que caíron en desuso, como ó depósito de máquinas, foron obxecto de remodelación e actualmente albergan o [[Museo do Ferrocarril de Galicia]].
|
edicións