Marraxo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 58:
O marraxo soportou durante décadas unha forte explotación pesqueira debido a que a súa carne é de gran calidade, estando considerada en moitos países como unha [[gastronomía|delicia culinaria]]. Debido a esta intensa sobrepesca a poboación do [[Atlántico|Atlántico norte]] sufriu un acusado descenso nos últimos anos; se comparamos a poboación actual da especie coa de hai 40 anos vemos que sufriu un descenso de até o 89 %. Debido a isto hoxe en día é pouco abundante, e os exemplares capturados son cada vez máis pequenos.
 
A poboación de marraxos do norte do océano Atlántico (e en particular a das augas europeas) está en perigo criticocrítico de extinción, cousa que levan aoos advertindo os científicos que vixían as pescarías europeas deste tiburón.
 
Comercialmente captúrase en gran cantidade con [[palangre]] de deriva e, en menor número, con [[arrastreiro|artes de arrastre]].