Glicerio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m robot Añadido: br:Glycerius, la:Glycerius
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot: Reemprazo de téxto automático (-== ([a-zA-Z ]*) == +==\1==)
Liña 1:
'''Glicerio''' foi [[emperador]] de [[Imperio Romano de Occidente|Occidente]], sucesor de [[Anicio Olibrio]]. Foi coroado polo principe burgundio [[Gundobado]] o 5 de Marzo de [[473]].
 
== Acceso ao Trono ==
'''Glicerio''' foi nomeado emperador no [[473]]. O remate da guerra civil entre o emperador [[Antemio]] e [[Ricimero]], deixaba o trono en mans de [[Anicio Olibrio]], pero só durou uns meses á fronte do Imperio. Pero mentres tanto, [[Ricimero]] morre e no seu lugar queda [[Gundobado]], que se apresura a nomear novo emperador na persoa de '''Glicerio''', quen até entón era ''comes domesticorum'', ou sexa, comandante dunha unidade de elite da garda imperial. Segundo as fontes, foi nomeado entre o 3 o 5 de Marzo do [[473]] en [[Ravena]] co apoio do exército.
 
== Reinado ==
'''Glicerio''' reside a maior parte do tempo no Norte de [[Italia]], segundo as acuñacions de moeda, e poucas cousas son coñecidas do seu reinado. Non foi recoñecido como emperador por [[León I]], o emperador do Imperio Oriental. Trata de conciliar o seu nomeamento, aceptando que o infante León sexa nomeado cónsul dos dous imperios, pero [[León I]] nomea o comandante das forzas do Imperio Oriental en Dalmacia, [[Xulio Nepote]] como novo emperador de Occidente, en xullo do [[474]]. Pero, mentres tanto, [[León I]] fina en [[Constantinopla]], e o elexido é o seu neto [[León II]], quen, debido á súa curta idade, nomea ''Augustus'' o seu pai [[Zenón]].