Diferenzas entre revisións de «Porto de España»

sen resumo de edición
m (HacheDous=0 moveu a páxina "Porto España" a "Porto de España": DRAG)
 
 
== Xeografía ==
Porto de España está situada ao noroeste da illa de Trinidad, entre o golfo de Paria, os outeiros do North Range e o pantano Caroni. Parte da cidade está sentada sobre terreos gañados ao mar.
[[Ficheiro:PoSHarbour.jpg|miniatura|Vista parcial de Porto de España]]
=== Estrutura urbana ===
Porto de España, oficialmente, ten pouca poboación, o que reflicte os estritos límites do seu concello, que inclúen o distrito central de negocios e algúns barrios economicamente deprimidos. Fronte a poboación oficial contrasta a [[conurbación]] do ''corredor leste-oeste'' que se achega aos 600.000 habitantes.<ref>[http://www.nationsencyclopedia.com/economies/Americas/Trinidad-and-Tobago.html Trinidad and Tobago - Country overview, Location and size, Population, Industry, Oil and gas, Manufacturing, Services, Tourism<!-- Bot generated title -->]</ref>. O corredor é unha área edificada ao norte da illa de Trinidad que se estende desde a capital, Porto de España, uns 15&nbsp;km cara ao leste até [[Arima]], e que inclúe as cidades de ''Barataria'', ''San Juan'', ''St. Joseph'', ''Curepe'', ''St. Augustine'', ''Tunapuna'', ''Tacarigua'', ''Arouca'' e máis ''Five Rivers'', nun tempo comunidades diferentes e actualmente distritos que conforman unha área urbana continua. Na súa maior parte espállase ao longo da Eastern Main Road, entre a Churchill-Roosevelt Highway e a base dos outeiros da Northern Range (Cordal Norte).<ref>[http://www.carnaval.com/trinidad/north/ Northern Range of Trinidad Travel Guide<!-- Bot generated title -->]</ref>
 
== Historia ==
Porto de España foi fundada pos [[España|españois]] a mediados do [[século XVI]] sobre o antigo emprazamento [[Pobos indíxenas de América|indio]] de ''Cumucarapo'' ou ''Conquerabia''. Foi denominado ''Puerto de los Españoles''.
 
A fins do [[século XVIII]], o último gobernador, [[José María Chacón]], trasladou a capital da illa desde [[San José de Oruña]] (hoxe denominada [[Saint Joseph, Trinidad e Tobago|Saint Joseph]]) para a cidade. Despois da conquista de Trinidad por [[Inglaterra]], durante as [[Guerras Revolucionarias Francesas]], en [[1797]], continuou sendo a capital da colonia, mais co novo nome de Port of Spain. Con a independencia do arquipélago ([[1962]]) pasou a ser a capital do novo estado.
 
Anos antes, entre [[1958]] e [[1962]], Porto de España foi capital da [[Federación das Indias Occidentais]], aínda que se pensara en facer capital federal a [[Chaguaramas]], ao oeste da cidade.
 
== Economía ==
Porto de España é o centro comercial, financeiro e de negocios da maior parte do país. Dous dos maiores bancos do Caribe, [[Republic Bank, Trinidad and Tobago Limited]] e [[RBTT]] (antes [[Royal Bank of Canada|Royal Bank]] de Trinidad e Tobago) teñen aquí a súa sede. Tamén a maioría das oficinas gobernativas están asentadas na cidade. en distintas localizacións: ''The Government Campus Plaza'' (en construción), ''Red House'' ou ''Eric Williams Plaza''. O porto deda Porto Españacidade é o maior porto de embarques con contedores e ten capacidade abondo para que amarren nos seus peiraos os maiores buques.
 
A economía de Trinidad baséase no gas natural e o petróleo. Aínda que ningunha industria pesada está situada no mesmo Porto de España, si que unha importante refinería petroleira, moitas plantas petroquímicas, siderúrxicas e de [[aluminio]] sitúanse ou están planificadas en lugares do sur da cidade<ref>[http://www.state.gov/r/pa/ei/bgn/35638.htm US State Department Background Notes - Trinidad and Tobago(11/07)]</ref>. Os altos ingresos procedentes da exportación de gas natural serviron para que o país financiase o [[Port of Spain International Waterfront Centre|Port of Spain International Waterfront project]]. Porto de España ten sona de ser o "eixo industrial" do Caribe, como a cidade máis desenvolvida do seu país.
 
== Comunicacións ==
O tráfico automobilístico é extremadamente denso, sobre todo ás horas punta. A fin de facilitar o tránsito de entrada e saída a cidade, existen varios proxectos. Un deles é preparar a ''autovía Churchill-Roosevelt'' con vías rápidas; outro estender o servizo de buques transbordadores (que cargan vehículos) desde Port of Spain até os centros urbanos máis importantes da costa oeste.
 
Entre tanto existe un importante servizo de transporte público de [[autobús|autobuses]], e privado de minibuses, que serve ''City Gate'', localizado en ''South Quay'', xusto ao sur de ''Independence Square''. O servizo actual de transbordador conecta Porto de España con [[Scarborough, Tobago|Scarborough]], [[Tobago]].
 
Para comunicacións aéreas, Porto de España está atendido polo [[Aeroporto Internacional Piarco]], situado na localidade de [[Piarco]], que é o aeródromo internacional de todo o país.
 
== Notas ==
29.333

edicións