Diferenzas entre revisións de «Gonzalo Navaza»

Achegas e notas
(→‎Obra: libro)
(Achegas e notas)
 
{{Biografía}}
'''Gonzalo Ramón Navaza Blanco''', nado en [[Lalín]] o [[28 de febreiro]] de [[1957]], é un escritor galego, tradutor, estudoso da [[toponimia]],<ref>{{Cita publicación periódica|título=Gonzalo Navaza|url=https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Gonzalo_Navaza&oldid=5602330|data=2020-10-15|lingua=gl}}</ref> actor de teatro e profesor titular de literatura na [[Universidade de Vigo]].<ref>{{Cita web|título=Gonzalo Navaza Blanco. Universidade de Vigo|url=https://www.uvigo.gal/universidade/administracion-persoal/pdi/gonzalo-navaza-blanco|páxina-web=www.uvigo.gal|data-acceso=2020-10-16|lingua=gl}}</ref> Actualmente vive en [[Peitieiros, Gondomar|Peitieiros]] ([[Gondomar]]).
 
== Traxectoria ==
É o menor de once irmáns, entre eles [[Xavier Navaza|Xavier]] e [[Luís Navaza|Luís]]. En [[1983]] tivo que facer o [[servizo militar]], tendo como destinos [[Figueres]] e [[Berga]], en [[Cataluña]].
 
Como escritor ten cultivado diversos xéneros. Dirixiu a elaboración dos dicionarios de galego de [[Edicións Xerais de Galicia]] no ano [[1988]],<ref>{{Cita web|título=autor/a A. Editorial Xerais|url=https://www.xerais.gal/autores.php?tipo=autores&id=100005004|páxina-web=www.xerais.gal|data-acceso=2020-10-16}}</ref> chegando a crear o máis vendido da historia do galego, ''[[O pequeno Xerais]]''.
 
O seu labor de investigador da toponimia callou na publicación de ''Fitotoponimia galega'', un voluminoso volume editado pola [[Fundación Pedro Barrié de la Maza]] onde analiza os topónimos do sueste galego procedentes de nomes de plantas. Neste campo de traballo tamén desenvolve a súa actividade na Asociación Galega de Onomástica ([[AGOn]], onde xa colaborou na organización de dous congresos internacionais) e na Comisión de Toponimia, encargada oficialmente pola [[Xunta de Galicia]] de fixar as formas escritas dos topónimos de Galicia. Como docente, impartiu cursos de galego para emigrantes en [[Basilea]] e de lingua e literatura galegas en [[Salvador, Brasil|Salvador]] na [[Universidade Federal da Bahia]], ([[Brasil]]), e na actualidade é profesor na Facultade de Filoloxía e Tradución da [[Universidade de Vigo]].
 
En [[1997]] tivo un grave accidente automobilístico que o fixo estar un mes en coma e, posteriormente, sete meses hospitalizado en cama. Co trauma do accidente aínda fresco na retina e na mente, Gonzalo Navaza recibiu numerosos premios.<ref>{{Cita web|título=Gonzalo Navaza|url=http://vello.vieiros.com/navaza.html|páxina-web=vello.vieiros.com|data-acceso=2020-10-16}}</ref>
 
No ano [[2012]] incorporouse á [[Real Academia Galega]] como académico correspondente.<ref>[http://duvi.uvigo.es/index.php?option=com_content&task=view&id=5606&Itemid=5 "A universidade estréase na Real Academia Galega cun 'triplete'"]. ''[[Diario da Universidade de Vigo]]''. Consultado o 20 de xullo de 2012.</ref><ref>[http://www.realacademiagalega.org/plenario?p_p_id=ManageChairs_WAR_ragportal&p_p_lifecycle=0&p_p_state=normal&p_p_mode=view&p_p_col_id=column-1&p_p_col_count=1&_ManageChairs_WAR_ragportal_action=listNoAcademic&_ManageChairs_WAR_ragportal_tableDate=1319528574106 Listaxe de académicos correspondentes da Real Academia Galega]. Páxina web da [[RAG]]. Consultado o 20 de xullo de 2012.</ref>
 
=== Poesía ===
* ''Fábrica íntima'', ([[1991]],). [[Editorial Galaxia|Galaxia]], Dombate. 56 páxs. ISBN 978-84-7154-816-0.
* ''A torre da derrotA'', ([[1992]],). [[Xerais]] (poemario en versos palíndromos). ISBN 978-8475076935.
* ''Libra'', ([[2000]],). Galaxia, Dombate. 84 páxs. ISBN 978-84-8288-393-9.
 
=== Narrativa ===
* ''[[Erros e Tánatos]],'' (1996,). Xerais. 128 páxs. Foi traducida ao portugués''.''<ref>{{Cita web|título=Erros e Tánatos|url=http://bibliotraducion.uvigo.es/traduccions_ver.php?id=3637|páxina-web=bibliotraducion.uvigo.es|data-acceso=2019-11-07|lingua=|apelidos=|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20180316023245/http://bibliotraducion.uvigo.es/traduccions_ver.php?id=3637|dataarquivo=16 de marzo de 2018|urlmorta=yes}}</ref> ISBN 978-84-8302-993-0 (25 ed.). ePub: ISBN 978-84-9914-605-8.
* ''[[Elucidario]],'' (1999,). Xerais. ISBN 978-84-9914-328-6.
* ''Santos e defuntos'', ([[2001]],). Xerais. 56 páxs. ISBN 978-8483027226.
Infantil
 
=== Infantil ===
* ''Fábulas contadas'' ([[2020]]). Xerais, Sopa de Libros. 64 páxs. ISBN 978-84-9121-685-8. ePub: ISBN 978-84-9121-756-5.
 
=== Ensaio ===
* ''[[Reboreda, Redondela|Reboreda]]: os camiños da identidade'', (2000,). Sociedade Cultural de Reboreda.
* ''Fitotoponimia galega'', ([[2006]],). [[Fundación Barrié]].
* ''Toponimia de [[Catoira]]'', ([[2007]],). Concello de Catoira.
*''O nome dos lugares. Saiáns ,'' (2011). [[Instituto de Estudos Miñoranos]].
 
=== Traducións ===
5.181

edicións