Glándula suprarrenal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Engade 1 libro para verificar) #IABot (v2.0.7) (GreenC bot
Liña 10:
== Córtex suprarrenal ==
[[Ficheiro:Adrenal gland (cortex).JPG|miniatura|dereita|Corte histolóxico dunha glándula suprarrenal. O punteiro sinala o córtex.]]
O '''córtex suprarrenal''' ou '''córtex adrenal''' ten a función de sintetizar hormonas [[esteroide]]s, fundamentalmente [[corticosteroides]] ([[mineralocorticoide]]s e [[glicocorticoide]]s) e pequenas cantidades de [[andróxeno]]s e [[estróxeno]]s. Células corticais específicas producen determinadas hormonas como [[aldosterona]], [[cortisol]], e [[andróxeno]]s como a [[androstenediona]]. En condicións normais relaxadas (sen estrés), as células das glándulas suprarrenais humanas producen o equivalente de 35–40&nbsp;mg de cortisona acetato diarias.<ref name="safeuses">{{cita libro |autor=Jefferies, William McK |título=Safe uses of cortisol |url=https://archive.org/details/safeusesofcortis0000jeff |editor=Charles C. Thomas |location=Springfield, Ill |ano=2004 |pages= |isbn=0-398-07500-X |oclc= |doi= |accessdate=}}</ref> A diferenza da innervación directa que ten a medula suprarrenal, o córtex está regulado por outras hormonas [[neuroendócrino|neuroendócrinas]] segregadas pola [[hipófise]] ou pituitaria, que á súa vez está baixo o control hormonal do [[hipotálamo]] e polo do [[sistema renina-anxiotensina]].
 
O córtex suprarrenal comprende tres zonas ou capas. Esta ''zonación anatómica'' pode apreciarse a nivel microscópico, onde cada zona pode ser recoñecida por características distintivas estruturais e anatómicas.<ref name="whitehead">{{cita libro |autor=Whitehead, Saffron A.; Nussey, Stephen |título=Endocrinology: an integrated approach |editor=BIOS |location=Oxford |ano=2001 |páxinas=122 |isbn=1-85996-252-1 |oclc= |doi= |accessdate=}}</ref> O córtex suprarrenal mostra tamén unha ''zonación funcional'': debido ao diferente conxunto de encimas presentes en cada parte, cada zona produce distintas hormonas.<ref name="whitehead"/>