Esfínter: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Notas: Arranxos varios +cda
Engade 1 libro para verificar) #IABot (v2.0.7) (GreenC bot
 
Liña 1:
[[Ficheiro:Anorectum gl.gif|miniatura|dereita|Esfínteres externo e interno do ano.]]
Un '''esfínter''' (do latín tardío ''sphincter'', e este do grego σφιγκτήρ, sphinktēr, "banda, músculo contráctil"), é unha estrutura anatómica constituída por un [[músculo]] circular ou con forma de anel que normalmente mantén a constrición dun orificio ou pasaxe natural do corpo, que se relaxa cando é necesario para o funcionamento fisiolóxico normal. Os esfínteres atópanse en moitos animais vertebrados e invertebrados, e no corpo humano existen moitos, aínda que algúns son pequenos e microscópicos, especialmente os millóns de [[esfínter precapilar|esfínteres precapilares]] existentes nos [[capilar]]es sanguíneos.<ref name="vander-6th">{{Cita libro|last=Vander|first=Arthur|title=Human Physiology: The Mechanism of Body Function (Sixth Edition, International Edition)|url=https://archive.org/details/humanphysiology000vand|year=1994|publisher=McGraw Hill, Inc|isbn=0-07-113761-0|pages=437–440[https://archive.org/details/humanphysiology000vand/page/437 437]–440|autor2=Sherman, James; & Luciano, Dorothy}}</ref> Os esfínteres reláxanse ao morrer. O mal funcionamento dos esfínteres orixina diversos problemas como a [[incontinencia]] urinaria ou fecal ou o [[refluxo gastroesofáxico]].
 
== Funcións ==