Operón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2
Engade 2 libros para verificar) #IABot (v2.0.7) (GreenC bot
Liña 1:
[[Ficheiro:Operon 1.png|miniatura|350px|dereita|Esquema das partes dun operón típico.]]
En [[xenética]], un '''operón''' é unha unidade funcional do [[ADN]] [[xenoma|xenómico]] [[bacteria]]no ou máis raramente [[eukarya|eucariótico]] ou [[virus|vírico]], que contén un grupo de [[xene]]s e rexións regulatorias, que están baixo o control dun só sinal regulatorio ou [[promotor (xenética)|promotor]].<ref>{{Cita libro|title=Life: The Science of Biology|publisher=Macmillan|year=2009|edition=9th|isbn=978-1-4292-1962-4|page=349|url=http://books.google.com/books?id=ANT8VB14oBUC&pg=PA349|author=Sadava, David et al.}}</ref><ref name=Jacob1960>Jacob, F.; Perrin, D.; Sanchez, C.; Monod, J. (Feb 1960). "Operon: a group of genes with the expression coordinated by an operator". Comptes rendus hebdomadaires des seances de l'Academie des sciences 250 (6): 1727–1729. doi:10.1016/j.crvi.2005.04.005. ISSN 0001-4036. PMID 14406329.</ref> Os xenes do operón son [[transcrición (xenética)|transcritos]] xuntos a [[ARNm]] e despois poden ser [[tradución de proteínas|traducidos]] xuntos no [[citoplasma]] ou sofen primeiro un [[trans-splicing]] para crear ARNm [[monocistrónico]]s que se traducen por separado, é dicir, fórmanse varias moléculas de ARNm a partir do ARNm inicial grande, as cales codifican cada unha un só [[produto xénico]] (proteína). O resultado disto é que os xenes que contén o operón se expresan xuntos ou non se [[expresión xénica|expresan]] en absoluto. Deben ser ''cotranscritos'' ou ''corregulados'' varios xenes para definir un operón.<ref>{{Cita libro | last1=Lodish | first1=Harvey | last2=Zipursky | first2=Lawrence | last3=Matsudaira | first3=Paul | last4=Baltimore | first4=David | last5=Darnel | first5=James |
title=Molecular Cell Biology | url=https://archive.org/details/molecularcellbio00lodi | publisher=W. H. Freeman | year=2000 | chapter=Chapter 9: Molecular Definition of a Gene | isbn=}}</ref>
 
Inicialmente pensábase que os operóns existían só nos [[procariota]]s, pero despois atopáronse algúns en eucariotas e virus. Desdo o descubrimento dos primeiros operóns en [[eukarya|eucariotas]] a principios da década de 1990,<ref>Spieth, J.; Brooke, G.; Kuersten, S.; Lea, K.; Blumenthal, T. (1993). "Operons in C. Elegans: polycistronic mRNA precursors are processed by trans-splicing of SL2 to downstream coding regions". Cell 73 (3): 521–532. doi:10.1016/0092-8674(93)90139-H. PMID 8098272.</ref><ref>Brogna, S.; Ashburner, M. (1997). "The Adh-related gene of Drosophila melanogaster is expressed as a functional dicistronic messenger RNA: Multigenic transcription in higher organisms". The EMBO Journal 16 (8): 2023–2031. doi:10.1093/emboj/16.8.2023. PMC 1169805. PMID 9155028.</ref> acumuláronse máis evidencias que indican que os operóns son máis comúns do que previamente se pensaba.<ref name=Blu>Blumenthal, T. (2004). "Operons in eukaryotes". Briefings in Functional Genomics and Proteomics 3 (3): 199–211. doi:10.1093/bfgp/3.3.199. PMID 15642184.</ref> En xeral, a expresión dos operóns procarióticos orixina a formación dun ARNm [[policistrónico]], mentres que nos operóns eucariotas fórmanse ARNm policistrónicos ou monocistrónicos procedentes da clivaxe de transcritos iniciais policistrónicos, segundo os casos<ref name=Blu/>.
Liña 25:
 
* [[promotor (xenética)|Promotor]]. ë unha secuencia de nucleótidos que permite que se transcriba un xene. O promotor é recoñecido por unha [[ARN polimerase]], a cal despois inicia a transcrición. Na síntese de ARN, os promotores indican que xenes deberían usarse para a formación do ARNm, e, por extensión, controlan as proteínas que produce a célula.
* [[operador (xenética)|Operador]]. É un segmento de ADN ao que se une un regulador. Defíniuse clasicamente no [[operón lac|operón ''lac'']] como un segmento entre o promotor e os xenes do operón.<ref name=blewin>{{Cita libro |author=Lewin, Benjamin |title=Genes IV |url=https://archive.org/details/genesiv00lewi |publisher=Oxford University Press |location=Oxford [Oxfordshire] |year=1990 |pages=243–58[https://archive.org/details/genesiv00lewi/page/243 243]–58 |isbn=0-19-854267-4 |edition=4th}}</ref> Cando se une a el un [[represor]], a proteína represora o que fai é empecer fisicamente á ARN polimerase para que esta non poida realizar a transcrición.
* [[Xene estrutural|Xenes estruturais]]. Son os xenes que son corregulados polo operón.